As Portelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Portelas
Bandera de Zamora.svg
Localización
As Portelas Grande Galiza.PNG
Datos
Capital Lubián
Comunidade Autónoma Flag of Castile and León.svg Castela e León
Provincia Bandera de Zamora.svg Zamora
Superficie - km²
Poboación (2010) 1.054 hab.
Densidade de poboación - hab./km²

As Portelas ou Alta Seabra (Alta Senabria en leonés e Alta Sanabria en castelán) é unha rexión ou subcomarca non oficial da comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León, situada na fronteira con Galicia, e na que historicamente se fala o galego, aínda que legalmente non está recoñecido como oficial. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «portelao/á» [1]. Comprende os concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende, e o lugar de Calabor, en Pedralba de la Pradería. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e a Terra Eo-Navia en Asturias considérase a este territorio como parte da Galicia estremeira.

En 2007, tiña 1.054 habitantes repartidos da seguinte maneira:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]