Olivenza
| Olivenza (es) Olivença (pt) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Territorio reivindicado por | Portugal | ||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
| Provincia | Provincia de Badaxoz | ||||
| Capital | Olivenza | ||||
| Contén a división administrativa | Olivenza São Bento da Contenda (pt) São Domingos de Gusmão (pt) São Francisco de Olivença (pt) São Jorge da Lor (pt) São Rafael de Olivença (pt) Vila Real (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 11.742 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 430 km² | ||||
| Bañado por | Río Guadiana | ||||
| Altitude | 327 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Creación | 1230 | ||||
Evento clave
| |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 06100 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 06095 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | ayuntamientodeolivenza.com | ||||
Olivenza (en portugués Olivença) é un concello español, historicamente disputado por Portugal, situado na provincia de Badaxoz (Estremadura), preto do río Guadiana. É sede da comarca de seu nome.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Olivenza está situada na marxe esquerda do río Guadiana, a 23 km da cidade de Elvas e 24 km de Badaxoz. A área do concello oliventino é de 430 km². O territorio é de forma triangular, con dous dos seus vértices no río Guadiana.
O concello de Olivenza inclúe hoxe dúas vilas e catro aldeas: San Francisco e San Rafael (vilas); e Villarreal, Santo Domingo, San Benito de la Contienda e San Jorge de Alor (aldeas).
Historia
[editar | editar a fonte]Forma parte de España dende a Guerra das Laranxas, que tivo lugar en 1801. Portugal non recoñece oficialmente a soberanía española sobre o territorio [Cómpre referencia]. De feito, neste concello fálase o dialecto oliventino, dentro do mapa dialectal do portugués europeo.
En 1801 o concello de Olivenza estaba constituído polas seguintes freguesías:
- Santa Maria do Castelo (Olivenza)
- Santa Maria Madalena (Olivenza)
- São Jorge da Lor
- São Domingos de Gusmão
- Nossa Senhora da Assunção da Talega ou Táliga, actualmente concello español.
- A aldea de Vila Real, tamén situada no actual concello de Olivenza, formaba parte en 1801 da freguesía e concello de Juromenha, que agora integra o municipio portugués de Alandroal.
