Plinio o Vello
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 ↔ 24 Novum Comum (Imperio Romano) |
| Morte | 79 Estabia (Imperio Romano) |
| Causa da morte | morte accidental, erupción volcánica |
| Praefectus classis Misenensis | |
| 79 – 79 | |
| Procurator Narbonensis | |
| 70 – 72 | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía, ciencias naturais e xeografía |
| Lugar de traballo | Roma Antiga |
| Ocupación | escritor, filósofo, historiador da arte, funcionario, poeta, naturalista, militar, historiador, comandante |
| Período | Imperio Romano |
| Profesores | Apión e Antonius Castor (en) |
| Alumnos | Plinio o Novo |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Plinio o Novo, fillo adoptivo |
| Pais | Gaius Plinius Celer |
| Irmáns | Plinia Marcella |
| Parentes | Plinio o Novo, sobriño |
| Cronoloxía | |
| Q3324482 | |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Enciclopedia de Otto |
Caio Plinio Segundo (en latín: Gaius Plinius Secundus), coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que sepultou as cidades de Pompeia e Herculano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras estudar en Roma, comezou a súa carreira militar na Xermania, durante doce anos, onde chegou a ser comandante da cabalaría das lexións romanas. No ano 57 volveu a Roma nos tempos do emperador Nerón, para dedicarse ao estudo e ás letras. Desempeñou diversos cargos nos tempos do emperador Vespasiano, que o nomeou entre outros como Almirante. Escribiu diversos tratados de cabalaría, unha Historia de Roma e varias crónicas históricas, hoxe perdidas. Só se conserva a súa Naturalis Historia, rematada no ano 77, e que abrangue 37 libros, dedicados ao emperador Tito. Constitúe un auténtico tratado enciclopédico da Antigüidade, xa que escribiu sobre Cosmoloxía e Astronomía (1 libro), Xeografía e Historia (4 libros), Zooloxía (5), Botánica e Agricultura (8), Medicina (13), Xeoloxía, Mineraloxía, Metalurxia e Arte (5)[1].
No libro Historia Natural mestura un gran número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a Idade Media, cunha grande influencia no bestiario desas épocas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Versión en francés da obra Naturalis Historia". Consultado o 12-10-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plinio o Vello |