Vuelta a España
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
| Tipo | Grandes Voltas |
|---|---|
| Deporte | ciclismo en ruta |
| Organizador | Unipublic (pt) |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Vixencia | 1935 – |
| Calendario da tempada | agosto – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Organización | |
| Propietario | Unipublic (pt) |
A Volta Ciclista a España (castelán: Vuelta Ciclista a España), comunmente chamada Volta a España ou A Volta (castelán: La Vuelta), é unha competición ciclista anual, que se disputa por etapas ó longo de 3 semanas, principalmente por estradas españolas. A primeira edición tivo lugar no ano 1935, sendo Roberto Heras o ciclista máis laureado, con 4 vitorias na clasificación xeral por tempos, seguido de Tony Rominger e Alberto Contador, con 3.
A Volta a España xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia, son as únicas carreiras de tres semanas do calendario da UCI, recibindo o sobrenome de "as tres grandes". Durante moito tempo a carreira española era a primeira das tres en disputarse, pero no ano 1995 cambiou de datas para instalarse entre finais do mes de agosto e comezos de setembro. Este cambio viu acompañado tamén dunhas novas propostas no deseño das etapas, buscando distancias máis curtas e espectaculares. O vixente gañador é o esloveno Primož Roglič.
Historia
[editar | editar a fonte]
A Vuelta Ciclista a España iniciouse no ano 1935 e tivo unha duración de 14 etapas e 3.431 km, grazas a Clemente López Doriga (en colaboración con Juan Pujol). Pouco despois, só tras terse disputado dúas Vueltas, houbo de suspenderse pola guerra civil española.
Nun principio, os participantes eran fundamentalmente españois; arredor dos anos 60-80 comezou a adquirir prestixio internacional. Nos últimos anos, a súa importancia diminuíu.
A Vuelta de 2005 viuse afectado polo escándalo da dopaxe. O seu gañador, Roberto Heras, foi desposuído do seu título en favor de Denis Menchov, xa que deu positivo nun control de EPO.
Organizadores
[editar | editar a fonte]A primeira edición foi organizada polo desaparecido xornal Informaciones. A partir de 1945 foi o xornal Ya o que se fixo cargo da organización da carreira. O xornal El Correo tomou o relevo en 1955 até finais dos anos 70. A empresa de publicidade Unipublic é a organizadora da carreira dende 1979.
- Informaciones (1935-1944)
- Ya (1945-1954)
- El Correo (1955-1978)
- Unipublic (1979-...)
Xerseis
[editar | editar a fonte]Para facilitar o recoñecemento dos líderes das diversas clasificacións da carreira dentro do pelotón de ciclistas, estes levan uns xerseis dunhas cores determinadas, do mesmo xeito que nas outras grandes voltas: Tour de Francia (maillot amarelo) e Giro de Italia (maglia rosa).
No caso da Vuelta a España, estes son os xerseis que dende o ano 2010 distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
Xersei de puntos azuis: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
Xersei verde: vestido polo líder da clasificación por puntos.
Xersei branco: vestido polo líder da clasificación combinada.
Historial da Vuelta a España
[editar | editar a fonte]Podios
[editar | editar a fonte]| Corredor | Edicións | |||
|---|---|---|---|---|
| 4 | 1 | 2 | 8 | |
| 3 | 0 | 1 | 4 | |
| 3 | 0 | 0 | 3 | |
| 3 | 0 | 0 | 3 | |
| 2 | 2 | 0 | 7 | |
| 2 | 2 | 0 | 7 | |
| 2 | 1 | 2 | 11 | |
| 2 | 1 | 0 | 11 | |
| 2 | 0 | 0 | 2 | |
| 2 | 0 | 0 | 2 | |
| 2 | 0 | 0 | 4 | |
| ... | ... | ... | ... | ... |
| 1 | 1 | 0 | ? | |
| 1 | 0 | 1 | 6 | |
| 1 | 0 | 0 | 9 | |
| 0 | 1 | 0 | 4 | |
| 0 | 1 | 0 | ? |


Vitorias de etapa
[editar | editar a fonte]- Con 38:
Delio Rodríguez - Con 20:
Alessandro Petacci - Con 18:
Laurent Jalabert e
Rik Van Looy - Con 16:
Sean Kelly
Días como líder
[editar | editar a fonte]- Con 48:
Alex Zülle - Con 34:
Roberto Heras - Con 32:
Delio Rodríguez e
Gustaaf Deloor - Con 31:
Tony Rominger,
Julián Berrendero e
Domingo Perurena
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vuelta a España |