Fed Cup
Aparencia
| Nome oficial | Billie Jean King Cup (2020–) Federation Cup (1963–1995) Fed Cup (1995–2020) |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (en) Billie Jean King Cup |
| Tipo | evento deportivo recorrente |
| Deporte | tenis |
| Epónimo | Billie Jean King e Federación Internacional de Tenis |
| Organizador | Federación Internacional de Tenis |
| Número de participantes | 8 |
| Localización e Datas | |
| País | sen valor |
| Vixencia | 1963 – |
| Calendario da tempada | febreiro – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Competición | |
| Billie Jean King Cup trophy (en) | |
| Outro | |
| Páxina web oficial | billiejeankingcup.com |
A Fed Cup, chamada ata 1995 Federation Cup (Copa Federación), é unha das competicións máis importantes do tenis feminino. Dispútase entre equipos nacionais, sendo unha competición similar á Copa Davis do tenis masculino. Comezou a disputarse en 1963 e anualmente participan 99 países, en varios grupos e roldas. Cada rolda entre dous equipos xógase a catro partidos individuais e un de dobres (noutras épocas eran unicamente dous individuais e un dobre). A xogadora española Arantxa Sánchez Vicario mantén actualmente o récord de vitorias tanto en individuais como en parellas na Fed Cup cun total de 72 vitorias, ademais do récord de máis partidos (100) e máis anos xogados (16).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 29 de maio de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |