Xogos Olímpicos de Inverno
| Tipo | evento deportivo recorrente |
|---|---|
| Deporte | deporte de inverno |
| Organizador | Comité Olímpico Internacional |
| Localización e Datas | |
| Vixencia | 1924 – |
| Calendario da tempada | febreiro – febreiro |
| Período de ocorrencia | 4 |
Os Xogos Olímpicos de Inverno son un grande evento deportivo organizado polo Comité Olímpico Internacional que se celebra cada 4 anos dende 1924. Os deportes que teñen acollida nesta competición son aqueles que se practican sobre neve ou sobre xeo, e que polo tanto son máis propios do inverno. Disciplinas como o esquí de fondo, a patiaxe de velocidade, a patinaxe artística, o hóckey sobre xeo, o bobsleigh e os saltos de esquí forman parte dos xogos olímpicos de inverno dende a súa primeira edición, que tivo lugar na localidade francesa de Chamonix.
Disciplinas
[editar | editar a fonte]| Deporte | Anos | Nº de probas |
Probas programadas para Vancouver 2010 |
|---|---|---|---|
| Bíatlon | Dende 1960 | 11[1] | Sprint (masculino: 10 km; feminino: 7.5 km), individual (masculino: 20 km; feminino: 15 km), persecución (masculino: 12.5 km; feminino: 10 km), relevos (masculino: 4x7.5 km; feminino: 4x6 km; mixtos: 4x6 km), saída en masa (masculino: 15 km; feminino: 12.5 km). |
| Bobsleigh | 1924–1956 1964–presente |
4[2] | a 4 masculino, a 2 masculino, a 2 feminino, a 1 feminino. |
| Combinada nórdica | Dende 1924 | 3[3] | 10 km e salto en trampolín normal, 10 km e salto en trampolín largo e equipos todos eles só en categoría masculina. |
| Curling | 1924 1998–presente |
3[4] | Torneo masculino, feminino e dobres mixtos. |
| Esquí acrobático | Dende 1992 | 15[5] | Probas masculina e feminina de moguls, aerials, skicross, halfpipe, slopestyle e big air. Probas dobres masculinas e femeninas de moguls. Proba mixta de aerials. |
| Esquí alpino | Dende 1936 | 10[6] | Descenso, Superxigante, Xigante, Slálom e Combinada alpina, todas en categoría masculina e feminina. |
| Esquí de fondo | Dende 1924 | 12[7] | Sprint masculino, sprint por equipos masculinos, 30 km persecución masculina, 15 km masculinos, 50 km masculinos e 4x10 km relevos masculinos; sprint feminino, sprint por equipos femininos, 15 km persecución femininos, 10 km femininos, 30 km (feminino) e 4x5 km relevos femininos. |
| Esquí de montaña | Dende 2026[a] | 3[8] | Sprint masculino e feminino, e relevos mixto. |
| Hóckey sobre xeo | Dende 1924 | 2[9] | Torneo masculino e feminino. |
| Luge | Dende 1964 | 5[10] | Individual masculino e feminino, dobres masculinos e femininos, e relevos por equipos. |
| Patinaxe artística | Dende 1924 | 5[11] | Individual masculino e feminino; parellas; danza; evento por equipos. |
| Patinaxe de velocidade | Dende 1924 | 14[12] | Masculino e feminino 500 metros, 1000 metros, 1500 metros, 5000 metros, saída masiva e persecución por equipos. 3000 metros femininos e 10000 metros masculinos. |
| Patinaxe de velocidade en pista curta | Dende 1992 | 9[13] | Masculino e feminino 500 metros, 1000 metros, 1500 metros; 3000 metros relevos femininos; 5000 metros relevos masculinos; e relevos por equipos mixtos. |
| Saltos de esquí | Dende 1924 | 6[14] | Masculino e feminino en trampolín normal e trampolín longo; super por equipos masculinos; e equipos mixtos. |
| Skeleton | 1924; 1948 Dende 2002 |
3[15] | Probas masculina, feminina e equipos mixtos. |
| Snowboard | Dende 1998 | 11[16] | Probas masculina e feminina de slálom xigante paralelo, half-pipe, snowboard cross, slopestyle, e big air; e snowboard cross por equipos mixtos. |
Edicións
[editar | editar a fonte]As edicións dos xogos olímpicos de inverno celebráronse sempre cada 4 anos con 2 excepcións: Entre a edición de 1936 e a de 1948 pasaron 12 anos por mor da segunda guerra mundial, que provocou a suspensión das edicións de 1940 e 1944. Entre as edicións de 1992 e 1994 pasaron só 2 anos por mor da decisión do COI de que deixasen de coincidir no mesmo ano os xogos de verán e os xogos de inverno. Os Estados Unidos acolleron catro edicións dos xogos olímpicos de inverno, mentres que Francia o fixo en tres ocasións, as mesmas que terá celebrado Italia para 2026.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dende 2026 deporte opcional nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2026.
- ↑ "Biathlon". IOC. Consultado o 7 de Febreiro de 2026.
- ↑ "Bobsleigh". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Nordic Combined". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Curling". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Freestyle skiing". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Alpine Skiing". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Cross Country Skiing". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Ski Mountaineering". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Ice Hockey". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Luge". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Figure Skating". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Speed Skating". IOC. Consultado o 7 February 2026.
- ↑ "Short Track Speed Skating". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Ski Jumping". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Skeleton". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
- ↑ "Snowboard". IOC. Consultado o 7 de febreiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do COI (en inglés)
- Web oficial dos Xogos Olímpicos de Vancouver 2010 Arquivado 28 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
