La Graciosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Graciosa
A illa desde o Miradoiro do Río
Situación respecto de Lanzarote
Situación
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaAs Palmas
ArquipélagoChinijo
MarOcéano Atlántico
Coordenadas29°09′N 13°18′O / 29.15, -13.30
Xeografía
XeoloxíaEstratovolcán
Superficie29,05 km²
Punto máis alto266 msnm
Demografía
CapitalCaleta de Sebo
Poboación660 hab. (INE 2010)
Densidade22,17 hab./km² hab./km²
XentilicioGraciosero/a

La Graciosa é unha illa que pertence á provincia das Palmas, nas Canarias (España). Forma parte do arquipélago Chinijo, xunto cos illotes de Montaña Clara, Roque del Este, Roque del Oeste e Alegranza, que pertence ao concello de Teguise, en Lanzarote. A economía insular está baseada principalmente no turismo.

Está situada ao noroeste de Lanzarote, illa da que depende administrativamente e da que a separa un brazo de mar coñecido como El Río. Tamén está relativamente próxima á costa continental africana.

Status[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2018 a Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado aprobou por unanimidade unha moción que recoñece a La Graciosa como a oitava illa habitada das Canarias[1]​ deixando de ser considerada como un illote.[2]​ Con todo, esta medida non a equipara ao resto das illas do arquipélago, pois La Graciosa continúa pertencendo ao municipio lanzaroteño de Teguise e tampouco conta con cabido insular propio (órgano político imprescindible para a súa equiparación ao resto de illas do arquipélago).[1]

Con esta medida, o status de La Graciosa é de illa con pedanía, é dicir, de entidade local menor con personalidade xurídica.[1][3] Conta cun orzamento propio que se inviste directamente nos servizos públicos necesarios para os veciños. Esta medida recoñece a La Graciosa como a oitava illa habitada do arquipélago canario, pero continúa dependendo administrativamente de Lanzarote.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Foi conquistada en 1402 polo explorador normando Jean de Béthencourt, baixo o vasallaxe de Henrique III de Castela.

A orixe da poboación remóntase ao século XIX. En 1861 o Goberno permite á empresa anglo-española Cappa y Maqueda o establecemento dunha factoría de salgadura de peixe. Este establecemento implicou a construción dos almacéns e as primeiras casas da illa. A finais do século XIX, co afán por establecer as pesqueiras canario-africanas na illa, formouse a aldea de Caleta de Sebo.[5]

Xeografía[editar | editar a fonte]

La Graciosa é a maior das illas e illotes que compoñen o Arquipélago Chinijo, cunha superficie duns 29 km². Ao sur predominan largas praias de areas claras, como as da Cocina e a dos Franceses. Tamén no litoral atópanse os seus dous asentamentos urbanos: Caleta de Sebo, núcleo de poboación orixinario e capital da illa, e Pedro Barba, unha pequena urbanización turística. Igual que o resto das illas Canarias, a súa orixe é volcánica.

Entre os seus puntos xeográficos destacan os seguintes:

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo datos do INE, en 2019 tiña unha poboación de 737 habitantes, distribuídos da seguinte maneira:

Variación demográfica de La Graciosa (INE)
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
626 615 626 621 630 637 658 640 648

Administración e política[editar | editar a fonte]

A diferenza das outras sete illas das Canarias, La Graciosa non conta con cabido insular propio.[1] A illa depende administrativamente do concello lanzaroteño de Teguise, no que posúe un concelleiro.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A illa é accesible unicamente por mar, a través do porto de Caleta de Sebo, que comunica La Graciosa coa localidade lanzaroteña de Órzola, no concello de Haría. Tamén posúe un heliporto situado moi preto de Caleta de Sebo.

Festas[editar | editar a fonte]

No referente aos festexos populares que se celebran na illa destaca a Festa da Virxe do Carme tamén chamada Virxe do Mar, patroa de La Graciosa. A festa celébrase na Igrexa da nosa Señora do Carme que é igrexa parroquial de Caleta de Sebo, a capital da illa. Nesta festa destaca a embarcación da Virxe que se celebra ao redor do 16 de xullo.

Panorama[editar | editar a fonte]

Vista de La Graciosa con Caleta de Sebo en primeiro termo. Ao fondo Montaña Clara e Alegranza.

Vista de La Graciosa con Caleta de Sebo en primeiro termo. Ao fondo Montaña Clara e Alegranza.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "El Senado reconoce a La Graciosa como la octava isla canaria habitada". Diario de Avisos (en castelán). EFE. 26 de junio de 2018. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  2. Agustín Monzón (26 de xuño de 2017). "La Graciosa se convierte en la octava isla de Canarias". El Independiente (en castelán). Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  3. "La Graciosa: así es la octava isla canaria habitada reconocida por el Senado". ABC (en castelán). 26 de xuño de 2018. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  4. "El Senado reconoce a La Graciosa como la octava isla canaria habitada". La Vanguardia (en castelán). 26 de xuño de 2018. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  5. "Plan Rector de Uso y Gestión del Parque Natural del Archipiélago Chinijo" (PDF). Goberno de Canarias. 2005. Consultado o 18 de maio de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]