Centro de Investigacións Sociolóxicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo do CIS
Sede do CIS na rúa Montalbán de Madrid.

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS, en castelán: Centro de Investigaciones Sociológicas) é un organismo autónomo español que depende do Ministerio da Presidencia e que ten como obxectivo o estudo científico da sociedade española a través da realización de enquisas periódicas, por iniciativa propia do centro ou por petición doutros organismos.

Ademais da realización e arquivo de enquisas e algunhas investigacións cualitativas, o CIS edita unha revista de investigación, a Revista Española de Investigacións Sociolóxicas (Reis) e varias coleccións de libros especializados en distintas materias das ciencias sociais. Ademais, anualmente organiza un curso de posgrao de formación de especialistas en investigación social aplicada.

O CIS é o herdeiro do Instituto da Opinión Pública (IOP) que foi fundado en 1963 e remodelado en 1977. O CIS é un organismo autónomo dende 1990 e, dende 1995, réxese por estritas condicións legais de transparencia dos seus traballos e a difusión dos resultados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]