Provincia de Cuenca
| Cuenca (es) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
| Capital | Cuenca | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 197.606 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 17.141 km² | ||||
| Punto máis alto | Q16608366 | ||||
| Punto máis baixo | Río Cabriel (480 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Diputación Provincial de Cuenca | ||||
| • Q56189625 | Benjamín Prieto Valencia (2011–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 16 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | ES-CU | ||||
| Código NUTS | ES423 | ||||
| Código INE | 16 | ||||
| Sitio web | dipucuenca.es | ||||
A provincia de Cuenca é unha provincia española situada na parte oriental de Castela-A Mancha. No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.
Limita ao sur coas provincias de Albacete e Cidade Real, ao norte coa provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.
Comarcas
[editar | editar a fonte]Municipios
[editar | editar a fonte]Economía
[editar | editar a fonte]Cuenca, cunha economía algo deprimida debido principalmente á emigración continuada, parece renacer agora co turismo e o progresivo coñecemento das súas excelentes paisaxes e recursos. A economía estivo tradicionalmente centrada nas actividades agrarias e forestais: cereais, vide, oliveira, azafrán, allos, garavanzos, lentellas, cultivo de fungos (Villanueva de la Jara, Altarejos, Las Pedroñeras, Los Hinojosos, Mota del Cuervo, Poboa de Almenara). A industria céntrase sobre todo no sector derivado da riqueza forestal conquense: serradoiros (Conca, Almodóvar del Pinar) e resinas (Conca, Arcos de la Sierra). Os seus mananciais de augas minerais de gran calidade, principalmente ao norte da provincia, dan lugar a unha industria embotelladora de importancia crecente (por exemplo, as augas de Beteta e de Huerta del Marquesado). Ten no seu territorio os encoros de Buendía, La Toba, Alarcón e Contreras que hoxe día están nunha situación moi deficitaria.
Os seus produtos máis característicos son os derivados cárnicos, sobremesas como o alajú, bebidas como o resolí, o viño e a augardente de Ribatajada, o queixo, o allo morado de Las Pedroñeras, os cogomelos e o champiñón da Manchuela e o mel da Alcarria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Cuenca |
