Saltar ao contido

Sistema Ibérico

Sistema Ibérico
Imaxe
 Instancia de
Características
 Material / ingrediente
Datas
 Período
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado na entidade xeográfica
 Comparte fronteira con
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   650 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   40.000 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2.313 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   2.314 m Moncayo Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF316429512 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05p1hnf Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452783
Wikidata C:Commons

O Sistema Ibérico é unha das principais cordilleiras de España. Consta dunha vasta e complexa área de cadeas e macizos montañosos situados na Meseta Central da Península Ibérica, inda que se estenden case ata a costa mediterránea, na Comunidade Valenciana, polo leste.

O sistema ten unha grande importancia hidrográfica, xa que separa as concas vertentes da maioría dos principais ríos de España e Portugal: pola parte oriental, a conca do Ebro; e polas partes occidental e meridional, as concas do Douro, o Texo, o Guadiana (Záncara-Gigüela), o Xúcar e o Turia.

Algúns dos seus picos máis importantes son o Moncayo (2 313 m),[1] o seu cume de maior altitude, o monte San Lorenzo (2 262 m), o pico de Urbión (2 228 m), o pico de Javalambre (2 020 m) ou o de Peñarroya (2 024 m).

Industria

[editar | editar a fonte]

Existen importantes zonas mineiras nalgúns dos seus sectores, como a serra Menera, a serra de Arcos e a serra de San Just, o que converteu este sistema nunha das principais rexións mineiras da península dende a antigüidade.[2]

Vista do Moncayo dende Alcalá.
  1. ↑ "Moncayo" (PDF). ftp.geodesia.ign.es. Consultado o 2016.
  2. ↑ "Sistema Ibérico". Arquivado dende o orixinal o 2011. Consultado o 2011.