Unión Europea Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUnión Europea Occidental

Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalRexión de Bruxelas-Capital Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1954 Editar o valor em Wikidata
Disolución2011 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porUnión Europea Editar o valor em Wikidata

Sitio webweu.int Editar o valor em Wikidata

A Unión Europea Occidental (UEO) foi unha organización de defensa europea formada polos estados membros da Unión Europea e os membros europeos da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). En 2010, anunciou que todas as súas actividades concluirían o 30 de xuño de 2011.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

As bases da UEO establecéronse no Tratado de Bruxelas de 1948, como organización europea de defensa e seguridade.

Esta organización internacional, creada orixinariamente por Francia, Bélxica, o Reino Unido, Luxemburgo e os Países Baixos, creouse nun principio para asistir calquera dos seus integrantes no caso de recibir unha agresión e tamén, igual que o Consello de Europa (establecida en 1949), impediu que a UEO actuase de xeito independente, quedando relegada a un segundo termo.

Propúxose que a Unión Europea, que pretende ter competencias en seguridade e defensa grazas ao seu segundo piar, acabase absorbendo a UEO, xa que todos os seus membro formaban parte das dúas organizacións e a UEO foi case nula durante os seus anos de existencia, debido ao maior protagonismo da OTAN.

Disolución[editar | editar a fonte]

O 31 de marzo de 2010, anunciou a súa disolución trala entrada en vigor do Tratado de Lisboa e o desenvolvemento da política de defensa na Unión Europea. As súas actividades concluíron o 30 de xuño de 2011.[1][2]

Organización[editar | editar a fonte]

A UEO estaba composta polo Consello e a Asemblea. O seu secretario xeral era, con carácter nato, o Alto Representante para Asuntos Exteriores e Seguridade da Unión Europea.

Consello[editar | editar a fonte]

A UEO estaba dirixida por un Consello de Ministros, coa asistencia dun Consello de Representantes Permanentes a nivel de embaixadores. Aspectos sociais e culturais do Tratado de Bruxelas foron entregados ao Consello de Europa para evitar a duplicación de responsabilidades dentro de Europa.[3]

Asemblea[editar | editar a fonte]

Unha asemblea parlamentaria (composta polas delegacións dos estados membros da asemblea parlamentaria do Consello de Europa) supervisaba o traballo do Consello, mais non tiña obriga ningunha neste. A asemblea da UEO era unha institución consultiva.

Participación[editar | editar a fonte]

A Unión Europea Occidental tiña dez estados membros, seis asociados, cinco observadores e sete socios. O 14 de xuño de 2001, o secretario xeral Solana afirmou que non había razóns para cambiar o status dos estados non membros da organización.

Membros[editar | editar a fonte]

Todos os países membros da Unión Europea Occidental eran tamén membros da OTAN e da Unión Europea. Eran os únicos estados que tiñan dereitos completos de voto.

Observadores[editar | editar a fonte]

Roma, 1992: os observadores eran membros da Unión Europea, mais non da OTAN.[4]

Membros asociados[editar | editar a fonte]

Roma (1992): creouse a figura dos membros asociados para incluír os países europeos que eran membros da OTAN mais non da Unión Europea:

Os membros asociados Polonia, a República Checa e Hungría uníronse á UE en 2004.

Socios[editar | editar a fonte]

Kirchberg, 1994: países que nese momento non eran membros nin da OTAN nin da UE. Todos os países uníronse tanto á OTAN como á UE en 2007:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 EFE (31 de marzo de 2010). "La Unión Europea Occidental anuncia su disolución". Público (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2006. 
  3. The Western European Union CVCE
  4. Dinamarca era unha excepción, sendo membro dos dous. Ten unha opt-out polo Tratado de Maastricht (1992), polo que non participa na política de seguriade e defensa común da Unión Europea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]