Sistema Central
| Tipo | cordilleira | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Península Ibérica e Meseta Central | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Comunidade de Madrid, España, Castela e León, España, Estremadura, España, Castela-A Mancha, España e Portugal | ||||
| Localización | Distrito da Guarda | ||||
| |||||
| Comparte fronteira con | Meseta Sur, sur Meseta Norte, norte | ||||
| Composto por | 20 | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 2.592 m | ||||
| Dimensións | 90 ( | ||||
| Punto máis alto | Pico Almanzor | ||||
| Material usado | calcaria arenita | ||||
| Historia | |||||
| Período | Terciário (pt) | ||||
O Sistema Central é unha cordilleira situada no centro da Península Ibérica que ten unha orientación oeste-leste na súa metade oeste, e orientación suroeste-nordés na súa metade este. Ten unha lonxitude aproximada de 600 km e vai desde o centro de Portugal ao Sistema Ibérico, situado no centro-nordés de España.
Constitúe a separación natural entre Castela e León, ao norte, e Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid e Estremadura, ao sur. Tamén representa a división da Meseta Central entre a Submeseta Norte e a Submeseta Sur. Salvo algunha excepción menor, constitúe a divisoria entre as concas do Douro e do Texo.
A maior elevación do sistema é o pico Almanzor (2.592 m), situado na Serra de Gredos. As montañas do Sistema Central teñen unha prominencia media de 1.200 metros e unha base que oscila dos 500 a 1.200 metros.
O Sistema Central está formado por moitas serras, entre as que cabe destacar: a Serra de Guadarrama, a Serra de Somosierra, a Serra de Gredos e a Serra de Gata.
