Xeso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xeso
Xeso.jpg
Xeso vermello
Fórmula química: CaSO4·2H2O
Clase: Sulfatos
Subclase:
Sistema cristalino: Monoclínico
Cor: Incolora, branca, amarela e vermella
Brillo: De vítreo a resinoso
Dureza: 2
Fractura: Concoidea
Exfoliación: Perfecta
Raia: Branca
Densidade: 2,3-2,4 g/cm3

O xeso é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CaSO4·2H2O (sulfato de calcio dihidratado).

Aspecto[editar | editar a fonte]

O xeso preséntase en forma de cristais tabulares e prismáticos.

Variedades do xeso[editar | editar a fonte]

Segundo sexa o seu aspecto externo o xeso pódese dividir en diferentes variedades:

  • Alabastro, de crecemento granulado e múltiples cores.

Existen outros grupos menos importantes como o xeso fibroso (composto por fibras de xeso entrelazadas unhas coas outras), o xeso en frecha (crecemento de xeso maclado que recorda a forma dunha frecha) e o xeso espumoso (crecemento en escamas).

Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]

É frecuente atopalo en depósitos sedimentarios asociado a rochas calcarias ou arxilas. Tamén pode aparecer polo efecto da hidratación da anhidrita.

Outros sulfatos[editar | editar a fonte]

A anhidrita é outro mineral importante da clase dos sulfatos. moi similar á escaiola.

O xeso como material de construción[editar | editar a fonte]

Mostra de xeso moído

O termo xeso tamén pode referirse ao produto industrial parecido á escaiola, preparado basicamente a partir da pedra de xeso natural, mediante a súa deshidratación, con ou sen adicións para modificar as súas propiedades intrínsecas, como é o fraguado, resistencia, adherencia, retención de auga e densidade, que unha vez elaborados, amásase con auga e pode ser empregado directamente. Tamén se emprega para a elaboracións de materiais prefabricados.

O xeso como produto industrial é sulfato de calcio semihidratado (CaSO4-½H2O), e comercialízase moído, en forma de po.