Getty Thesaurus of Geographic Names

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Tesauro de Nomes Geográficos Getty (en inglés Thesaurus of Geographic Names, abreviado ou TGN ou GTGN) é un produto da fundación J. Paul Getty Trust incluído no Programa de Vocabulario Getty. O TGN inclúe nomes e informacións asociadas sobre lugares. Os lugares do TGN inclúen entidades políticas administrativas (por exemplo, cidades ou nacións) e as súas características físicas (por exemplo montañas, ríos etc). Están incluídos lugares tanto históricos como actuais, así como outras informacións relacionadas coa súa historia, poboación, cultura, arte e arquitectura.

Este recurso está dispoñible para museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores de resursos visuais e proxectos bibliográficos a través de licenzas privadas, aínda que tamén están dispoñibles gratuítamente para os membros do público xeral no sitio do Vocabulario Getty.

Os bancos de datos do vocabulario Getty coma o Tesauro de Arte e Arquitectura (AAT), a Lista de Nomes de Artistas (ULAN) e o TGN foron creados e mantidos polo Programa de Vocabulario Getty. Son compatibles coa norma ISO e normas NISO para a construción de dicionarios de sinónimos. Conteñen termos, nomes e outras informacións sobre persoas, lugares, cousas e conceptos relativos á arte, á arquitectura e a cultura material.

Os vocabularios Getty poden ser usados de tres formas:

  • Para a entrada de datos, por catalogadores ou indexadores sobre obras de arte, arquitectura, material de cultura, materiais de arquivo, ou sustitutos visuais, ou materiais bibliográficos.
  • Como bases de coñecemento e aporte de informacións para os investigadores.
  • Como asistentes de busca para mellora-lo acceso do usuario final dos recursos online.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A historia do TGN remóntase a 1987, ano no que o fideicomiso Getty creou un departamento adicado a compilar e distribuír terminoloxía, naquel entón denominado Grupo de Coordinación de Vocabulario (Vocabulary Coordination Group). O Getty xa xestionaba o AAT e tratou de responder ás peticións que lle chegaban dos creadores de información sobre arte para a crear vocabularios controlados adicionais para comes de artistas e nomes xeográficos. O desenvolvemento to TGN levouse a cabo mediante un estudo internacional realizado polo Tesaurus Artis Universalis (TAU) un grupo de traballo do Comité Internacional de Historia da Arte (en francés, Comité Internacional d'Histoire de l'Art, CIHA), e o consenso ó que se chegou nun coloquio celebrado no 1991 no que se congregaron os usuarios potenciais do vocabulario xeográfico. O núcleo inicial do TGN foi compilado a partir de miles de nomes xeográficos que xa utilizaban diversos proxectos de catalogación e indexación do Getty, e ampliado a través da introdución manual de información de fontes impresas. PO TGN nútrese das contribucións da súa comunidade de usuarios e do traballo editorial do Getty Vocabulary Program.

Publicación[editar | editar a fonte]

O TGN foi publicado por primeira vez no 1997 en arquivos recoñecibles por máquinas. Dado o inxente tamaño sempre crecente e a frecuencia das súas modificacións considerouse que a súa publicación impresa non sería práctica. Na actualidade publícase nunha interface rede en liña e en forma de arquivos de datos dispoñibles para a súa licenciación. Os datos do TGN compílanse e edítanse nun sistema editorial construído a medida polo equipo técnico do Getty.

O TGN está dispoñible mediante datos abertos entrelazados dende agosto de 2014.[2]

Principios[editar | editar a fonte]

Os principios básicos que guían a construción e mantemento do TGN forn establecidos polo AAT e tamén se utilizan para a ULAN:

  • O seu ámbito cubre a terminoloxía necesaria para catalogar e recompilar información sobre as artes visuais e ar arquitectura.
  • Constrúese a partir de estándares nacionais e internacionais de construción de tesauros.
  • Comprende unha xerarquía con estruturas en árbore, correspondentes ó mundo actual e histórico.
  • Está baseado en terminoloxía actual, solicitada por fontes literarias autorizadas e validada pola comunidade académica adicada á historia da arte e da arquitectura.
  • A súa compilación e edición responde ás necesidades da súa comunidade de usuarios.

Termos[editar | editar a fonte]

O TGN contén actualmente arredor de 1.106.000 nomes e outras informacións sobre lugares. Os nomes dun lugar poden incluír nomes na lingua local, en inglés e noutros idiomas, así como nomes históricos en orde natural e inversa. Entre estes nomes márcase un como nome de preferencia. O TGN está adaptado ós estándares ISO e NISO de compilación de tesauros e contén relacións xerárquicas, de equivalencia e asociativas. É importante matizar que non se trata dun sistema de información xeográfica: aínda que moitos dos seus rexistros inclúen cordenadas, estas son aproximadas e unicamente foron concibidas como referencias.

O foco de cada entrado do TGN é un lugar. Hai aproximadamente 912.000 lugares no TGN. Na base de datos, cada rexistro de lugar (tamén denominado "suxeito") está identificado por un código numérico único. O rexistro do lugar está vinculado cos nomes do lugar, o seu pai ou posición na xerarquía, outras relacións, coordenadas, notas, fontes dos datos e tipos de lugares, que son termos que describen o papel que leva a cabo o lugar (por exemplo lugar habitado, capital nacional etc). A cobertura temporal abarca dende a prehistoria até o presente, en todo o ámbito global.

Deseño[editar | editar a fonte]

O TGN é un sistema de clasificación facetada así como de clasificación polixerárquica. Hai dúas facetas, Mundo (World) e extraterrestre (Extraterrestrial). Dentro da faceta Mundo atópanse as características físicas e entidades políticas. O rexistro de cada concepto inclúe o seu lugar na xerarquía (cun enlace ó seu pai) así como enlaces a termos e conceptos relacionados, fontes dos datos e notas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Getty Research Institute (ed.). "Getty Vocabularies". www.getty.edu (en inglés). 
  2. James Cuno (21 de agosto de 2014). "Getty Thesaurus of Geographic Names Released as Linked Open Data" (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]