Filipinas
| Repúbliká ng̃ Pilipinas Republic of the Philippines República de Filipinas República das Filipinas |
|||||
|
|||||
A República de Filipinas é un estado asiático situado no arquipélago das illas Filipinas chamadas así en honor do rei español Filipe II. Constitúe un vasto arquipélago delimitado polo Mar das Filipinas ó leste, Mar das Celebes e Mar de Sulu ó sur e Mar da China Meridional ó oeste. O Estreito de Luzon, ó norte, separa as Filipinas de Taiwán, o Estreito de Balabac, ó suroeste, é unha das fronteiras marítimas con Malaisia, e hai tamén fronteira marítima con Indonesia, ó sur. Tamén Palau se sitúa nas inmediacións, no sueste. A súa capital é Manila.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Historia de Filipinas.
Política[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Política das Filipinas.
Filipinas é unha república presidencialista organizada como un estado unitario. O presidente é o xefe de estado e tamén o xefe de goberno, e é elixido pola poboación para un período de 6 anos.
Subdivisións[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Subdivisións de Filipinas.
A República de Filipinas está organizada nunha xerarquía de unidades de goberno local, en que a provincia é a unidade primaria. As provincias subdivídense en cidades e municipios que, á súa vez, se compoñen de “barangays”, que son a máis pequenas unidade de goberno. Ten oitenta e un provincias, 131 cidades, 1,497 municipios, e 41,994 barangays.
As provincias encóntranse agrupadas en 17 rexións administrativas, onde os diversos ministerios establecen escritorios rexionais, mais non ten un goberno local separado, coa excepción da Rexión Autónoma Musulmá de Mindanao (Autonomous Region in Muslim Mindanao ou ARMM) e Cordilleira.
Á súa vez, varias rexións xúntanse en grupos de illas:
- Luzón (Rexións I a V + RCN + RAC).
- Visayas (Rexións VI a VIII).
- Mindanao (Rexións IX a XIII + RAMM).
| Rexión | Designación | Centro de goberno |
|---|---|---|
| Ilocos | Rexión I | San Fernando, A Unión |
| Val do Cagayán | Rexión II | Tuguegarao, Cagayan |
| Luzón Central | Rexión III | San Fernando, Pampanga |
| CALABARZON¹ ² | Rexión IV-A | Calamba, Lagoa |
| MIMARO¹ ² ³ | Rexión IV-B | Calapan, Mindoro Oriental |
| Bicolandia | Rexión V | Legazpi, Albáy |
| Visayas Occidental³ | Rexión VI | Iloílo |
| Visayas Central | Rexión VII | Cebú |
| Visayas Oriental | Rexión VIII | Tacloban, Leyte |
| Península de Zamboanga | Rexión IX | Pagadían, Zamboanga do Sur |
| Mindanao do Norte | Rexión X | Cagayán de Ouro |
| Rexión de Davao | Rexión XI | Davao |
| SOCCSKSARGEN¹ | Rexión XII | Koronadal, Cotabato do Sur |
| Caraga | Rexión XIII | Butuan |
| Rexión Autónoma para o Mindanao Musulmán | RAMM | Cidade Cotabato |
| Rexión Administrativa de Cordilleira | RAC | Baguio |
| Metro Manila | RCN | Manila |
Xeografía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Xeografía de Filipinas.
As Filipinas son un arquipélago de 7107 illas cunha área terrestre total de preto de 300 mil km², localizadas entre as lonxitudes 116° 40' e 126° 34' E e as latitudes 4° 40' e 21° 10' N, entre Taiwán, ó norte, o Mar das Filipinas ó leste, o Mar das Celebes, ó sur e o Mar da China Meridional ó oeste.
As illas acostuman ser divididas en tres grupos: Luzón, ó norte, Visayas, no centro e Mindanao, no sur.
Manila, en Luzón (que é a maior illa), é a capital do país e a súa segunda maior cidade, despois de Quezón.
O clima é quente, húmido e tropical. A temperatura media anual ronda os 26,5 °C. Os filipinos acostuman falar de tres estacións: o Tag-init ou Tag-araw (a estación quente, ou verán, que dura de Marzo a Maio), o Tag-ulan (a estación chuviosa entre Xuño e Novembro) e o Tag-lamig (a estación fría, de Decembro a Febreiro).
A maior parte das accidentadas illas estaba orixinalmente cuberta por florestas húmidas. A orixe das illas é volcánica. O punto máis elevado é o monte Apo en Mindanao, con 2954 m. Moitos dos volcáns do país, como o Pinatubo, están activos. O país está tamén integrado na rexión de tifóns do Pacífico occidental e é atinxido por unha media de 19 tifóns por ano.
Gran parte das illas encóntranse nunha placa tectónica encravada entre as placas Euroasiática e do Pacífico; a Placa das Filipinas.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Filipinas.
Cultura[editar | editar a fonte]
A lingua máis usada é o tagalo, sendo o castelán utilizado tamén nas rexións do norte e do sur.
Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
|
||||||||