Windsurf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O windsurfista Robby Naish na World Cup, en Sylt, Alemaña.

O windsurf é unha modalidade do deporte da vela que consiste en desprazarse na auga sobre unha táboa similar a unha de surf, provista dunha vela.

Características[editar | editar a fonte]

A diferenza dun veleiro, a vela ou aparello dunha táboa de windsurf é articulado permitindo a súa rotación libre ao redor dun só punto de unión coa táboa: o pé de mastro. Iso permite manipular o aparello libremente en función da dirección do vento e da posición da táboa con respecto a este último. O aparello é manipulado polo windsurfista mediante a botavara ou como se coñece en inglés boom ou wishbone. O seu principal precursor foi Robin Nasich, que impulsou a práctica deste deporte durante os anos 70.

Mentres que no surf o elemento máis importante son as ondas, no windsurf o vento xoga así mesmo un papel de vital importancia.

Este deporte presenta un gran número de variantes tales como piruetas, saltos ou velocidades. A grande aceptación e o elevado número de seguidores propiciou a creación de campionatos e probas en todo tipo de países.

En España comeza a practicarse a principios dos anos 80.

Material[editar | editar a fonte]

Para practicar este deporte necesítase:

É moi importante o bo estado físico para realizar este deporte, así como coñecementos técnicos e meteorolóxicos. Convén recibir algún cursillo antes de realizar as primeiras incursións.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Windsurf