Cebada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Cebada, Orxo
Debuxo da cebada
Debuxo da cebada
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Monocots
(sen clasif.): Commelinids
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Triticeae
Xénero: Hordeum
Especie: H. vulgare[1]
Nome binomial
'Hordeum vulgare'
L.
Hordeum vulgare

A cebada ou orxo[2] (Hordeum vulgare) é unha gramínea cerealífera de grande importancia tanto para humanos como para animais, e representa a quinta maior colleita do mundo. Pertence á familia das gramíneas e a área cultivada no mundo chega a 530.000 km². O seu período de xerminación é de 1 a 3 días. As súas flores dispóñense en espigas, na extremidade do colmo, e os froitos, amarelados e ovoides, fornecen unha fariña alimenticia. A xerminación dos grans (malte) da especie (Hordeum distichum) utilízase na fabricación da cervexa, e os grans torrados e moídos son usados na fabricación dunha bebida sen cafeína de aspecto semellante ao café.

Descrición[editar | editar a fonte]

A cebada é un cereal de invierno, que se recolle en verán (xuño ou xullo no hemisferio norte) e xeralmente a súa distribución é semellante á do trigo. A cebada crece ben en solos drenados, que non precisan seren tan fértiles como os dedicados ao trigo.

A raíz da planta é fasciculada e nela pódense identificar raíces primarias e secundarias. As raíces primarias fórmanse polo crecemento da radícula e desparecen na planta adulta, momento no que se desenvolven as raíces secundarias dende a base do talo, con diversas ramificacións. O talo da cebada é unha cana oca que presenta de sete a oito entrenós, separados por diafragmas nudosos. Os entrenós son máis longos segundo o talo medra dende a rexión basal. O número de talos en cada planta é variable, e cada un deles presenta unha espiga.

As follas están conformadas pola vaíña basal e a lámina, que están unidas pola lígula e presentan dúas prolongacións membranosas denominadas aurículas. As follas atópanse inseridas nos nós do talo por un colar ou pulvinus, que é un avultamento na base da folla.

A súa espiga é a inflorescencia da planta, que se considera unha prolongación do talo, e que é semellante á das demais gramíneas.

O gran ten forma de fuso, máis groso no centro e diminuíndo cara aos ápices. A casca (nos tipos vestidos) protexe o gran contra os depredadores e é de utilidade nos procesos de malteado e cervexería; representa un 13 % do peso do gran, oscilando segundo o tipo ou a variedade.

Historia[editar | editar a fonte]

A cebada cultivada (Hordeum vulgare) desciende da cebada silvestre (Hordeum spontaneum), que crece en Oriente Medio. Ambas as especies son diploides (2n=14 cromosomas). O seu cultivo aparece no antigo Exipto e foi un produto importante para o desenvolvemento desta civilización; no libro do Éxodo cítase en relación coas pragas de Exipto. Os gregos e os romanos empregaban a cebada para elaborar pan, e era a base de alimentación para os gladiadores romanos. En Suíza atopáronse restos calcinados de tortas elaboradas con grans de cebada toscamente moídos que datan da Idade da Pedra.

Durante moitos séculos a distinción de clases tamén afectou ao tipo de cereal que estaba permitido consumir: en Inglaterra ata o século XVI os pobres só tiñan permitido consumir pan de cebada mentres que o pan de trigo estaba destinado á clase alta.

Usos[editar | editar a fonte]

Nalgúns países de oriente próximo, do norte de Europa (como Finlandia) e de Suramérica (como Colombia, Perú e Ecuador) aínda se emprega como alimento para consumo humano, mediante un proceso de torrado e moenda cun produto final chamado máchica. Porén, é moito máis empregada no malteado e na obtención de mostos para a elaboración da cervexa e na fabricación de whisky escocés e de xenebra neerlandesa. Existe pan que se elabora co cereal e ademais outra pequena proporción destínase para a alimentación animal, particularmente dos porcos. Elabóranse tamén bebidas non alcohólicas ou lixeiramente alcohólicas, como o kvas e a auga de cebada. Tamén se emprega a semente como medicinal.[3][4]

Contraindicacións[editar | editar a fonte]

O orxo, así como o trigo, o malte, a avea e o centeo, posúe glute na súa composición, desta forma, non debe ser consumido por portadores da doenza celíaca, xa que a mesma trae como consecuencia ao organismo (caso consumido estes alimentos), unha atrofia nas mucosas do intestino delgado, prexudicando o organismo e a absorción de diversos nutrientes.

Produción[editar | editar a fonte]

Segundo a FAO a produción mundial de cebada en 2010 alcanzou 123,5 millóns de toneladas. Os 20 maiores produtores abranguen o 82 % do total mundial.

Maiores países produtores en (2010)[5]
 Posto  País  Cantidade 
(en t)
 Posto  País  Cantidade 
(en t)
   1 Alemaña Alemaña    10 412 100    13 Flag of Argentina.svg Arxentina    2 983 050
   2 Flag of France.svg Francia    10 102 000    14 Dinamarca Dinamarca    2 981 300
   3 Ucraína Ucraína    8 484 900    15 Marrocos Marrocos    2 566 450
   4 Rusia Rusia    8 350 020    16 Flag of the People's Republic of China.svg China    2 520 000*
   5 España España    8 156 500    17 Bielorrusia Bielorrusia    1 966 460
   6 Flag of Canada.svg Canadá    7 605 300    18 India India    1 600 000
   7 Australia Australia    7 294 000    19 República Checa República Checa    1 584 500
   8 Turquía Turquía    7 240 000    20 Flag of Algeria.svg Alxeria    1 500 000*
   9 Reino Unido Reino Unido    5 252 000    …;        
   10 Estados Unidos de América Estados Unidos    3 924 870
   11 Polonia Polonia    3 533 000
   12 Flag of Iran.svg Irán    3 209 590     Mundo    123 479 202

(* Estimación da FAO)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "'Hordeum vulgare' (TSN 40874)" (en inglés). 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para orxo.
  3. PASSE, 2008. páx. 123 a 127
  4. CÁCERES, 1996. páx. 127 e 128.
  5. FAO, Faostat Statistik der FAO 2010, aufgerufen am 21  März 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cendrero, Orestes [1938] Nociones de historia natural. 7.ª Edición, París.
  • Forero, Daniel Gonzalo [2000] Almacenamiento de Granos. UNAD, Facultad de Ciencias Agrarias, Bogotá.
  • Kent, Norman Leslie [1983] Technology of cereals: An introduction for students of food science and agriculture. Pergamon Press Ltd, Oxford.
  • Ruiz Camacho, Rubén [1981] Cultivo del Trigo y la Cebada. Temas de Orientación Agropecuaria, Bogotá.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]