Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat
| Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| El Prat de Llobregat | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Estado de uso
| |||||||||
|
Composto por
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Operador/a
| |||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||
|
Clientela
49909544 (2023)
41639622 (2022) 18874896 (2021) 541332 (decembro de 2020) 341502 (novembro de 2020) 712283 (outubro de 2020) 844414 (setembro de 2020) 1110578 (agosto de 2020) 872924 (xullo de 2020) 148903 (xuño de 2020) 46962 (maio de 2020) 25307 (abril de 2020) 1417647 (marzo de 2020) 3280937 (febreiro de 2020) 12739259 (2020) 3396470 (xaneiro de 2020) 3667408 (decembro de 2019) 3674584 (novembro de 2019) 4645979 (outubro de 2019) 5106950 (setembro de 2019) 5410994 (agosto de 2019) 5361321 (xullo de 2019) 5106242 (xuño de 2019) 4681994 (maio de 2019) 4522810 (abril de 2019) 3967540 (marzo de 2019) 3267695 (febreiro de 2019) 52688455 (2019) 3274938 (xaneiro de 2019) 3498083 (decembro de 2018) 3444398 (novembro de 2018) 4542398 (outubro de 2018) 4843853 (setembro de 2018) 5149418 (agosto de 2018) 5166397 (xullo de 2018) 4809324 (xuño de 2018) 4549769 (maio de 2018) 4241905 (abril de 2018) 3834787 (marzo de 2018) 3034097 (febreiro de 2018) 3058260 (xaneiro de 2018) 50172457 (2018) 3193648 (decembro de 2017) 3195505 (novembro de 2017) 4174467 (outubro de 2017) 4637662 (setembro de 2017) 4944029 (agosto de 2017) 5041481 (xullo de 2017) 4585286 (xuño de 2017) 4325968 (maio de 2017) 4114128 (abril de 2017) 3466740 (marzo de 2017) 2801585 (febreiro de 2017) 47242811 (2017) 2803948 (xaneiro de 2017) 44121035 (2016) 39675962 (2015) 37558981 (2014) 35216828 (2013) 35144503 (2012) 34398226 (2011) 29209536 (2010) 27421682 (2009) 30272084 (2008) 32898249 (2007) 30008302 (2006) 27152745 (2005) 24558138 (2004) 22752667 (2003) 21348211 (2002) 20745536 (2001) 19809567 (2000) 17421938 (1999) 16194805 (1998) 15065724 (1997) 13434679 (1996) 11727814 (1995) 10647285 (1994) 9999000 (1993) 10196000 (1992) 9145000 (1991) 9205000 (1990) | |||||||||
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Ofrece servizo a
| |||||||||
|
Estación de intercambio
| |||||||||
|
Pistas de aterraxe
06L/24R
lonxitude: 3.352 m amplitude: 60 m material: formigón asfáltico 06R/24L lonxitude: 2.660 m amplitude: 60 m material: formigón asfáltico 02/20 lonxitude: 2.528 m amplitude: 45 m material: formigón asfáltico | |||||||||
|
Código IATA
| |||||||||
|
Código ICAO
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
O Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona–El Prat (IATA: BCN, OACI: LEBL) é un aeroporto español da rede de AENA que dá servizo á cidade de Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo Aeroporto de Madrid-Barajas,[1] co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo.[2] Ademais é o oitavo aeroporto de Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro campo de aviación de Barcelona situouse en El Remolar (Viladecans) en 1916 en terreos dunha granxa avícola chamada La Volatería, da que tomou o seu nome. Dous anos máis tarde un novo campo de aviación foi aberto en El Prat de Llobregat a uns centos de metros da anterior localización. O primeiro avión en aterrar foi un Latecoere Salmson 300 da liña de Pierre-Georges Latécoère, que chegou de Tolosa con destino final Casablanca. O aeroporto foi utilizado como sede do Aeroclub de Cataluña e como base para a frota de Zeppelin e hidroavións da Armada e do Exército de Terra Español. Os servizos comerciais regulares comezaron en 1927 coa liña de Iberia que o unía co Aeroporto de Cuatro Vientos de Carabanchel Alto. Esta liña foi a primeira liña de Iberia.
Na década de 1940 decidiuse ampliar o aeroporto, para o que entre 1941 e 1946 realizáronse unha serie de obras para unir os dous aeródromos. En 1948 estreouse a pista 07-25 e operou o primeiro voo intercontinental operado pola aeroliña Pan American a Nova York con avións Lockheed Constellation. Entre 1948 e 1952 construíuse unha segunda pista perpendicular á anterior, así como rúas de rodaxe e unha terminal para atender aos pasaxeiros. En 1963 alcanzouse o millón de pasaxeiros anuais e dous anos máis tarde volveuse a ampliar a pista principal e engadíuselle unha rúa de rodaxe con rúas de saída rápida. Ese mesmo ano tamén se construíu unha torre de control e unha nova plataforma de estacionamento de aeronaves. En 1968 abriuse unha nova terminal que actualmente é o á máis vella da terminal T2B.
O día 3 de agosto de 1970 a compañía aérea Pan American inaugurou unha liña regular entre Barcelona-El Prat, Lisboa e Nova York operada cun Boeing 747SP. O 4 de novembro Iberia iniciou o servizo de ponte aérea entre Barcelona-El Prat e Madrid-Barajas. Poucos anos máis tarde, en 1976, inaugurouse unha terminal específica para esta ruta, unha terminal exclusiva para carga, un servizo anexo de correos e unha plataforma de estacionamento para avións de carga aérea. No ano 1977 o aeroporto supera os 5 millóns de pasaxeiros anuais.
Desde finais dos setenta ata principios dos noventa o aeroporto estivo estancado tanto en tráfico como investimentos ata que a preparación para os Xogos Olímpicos de 1992 impulsou unha nova reforma que consistiu na modernización e ampliación da terminal existente naquel momento (terminal B) e a construción das outras dúas (terminais A e C) que xa incorporaban pasarelas de acceso directo ao avión. Esta reforma foi deseñada polo arquitecto Ricardo Bofill Levi. En 1996 inaugúrase a nova torre de control tamén deseñada por Ricardo Bofill Levi.
Debido á forte baixada do tráfico aéreo que se sufriu logo de 1999 e a crise do sector aéreo en 2001, desviáronse a Barcelona-El Prat moitas operacións chárter que se realizaban nos aeroportos de Xirona e Reus, o cal axudou ao aeroporto a aguantar a crise.
Ata o 6 de xuño de 2011, o aeroporto chamábase oficialmente Aeroporto de Barcelona, na que o Ministerio de Fomento ante as presións do Concello de El Prat de Llobregat decide cambiar o nome oficial polo de Aeroporto de Barcelona-El Prat.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]




Carga
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O Aeroporto de Palma posúe puntas de tráfico moito maiores no verán que o Aeroporto de Barcelona, pero o cómputo global anual é lixeiramente inferior
- ↑ [1] Arquivado 18 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. Nota de prensa da noticia
- ↑ Routes Online (ed.). "Rossiya adds Moscow Vnukovo – Barcelona seasonal service in S17". Consultado o 9 de outubro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Air China schedules Shanghai – Barcelona May 2017 launch". Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "American adds new International routes in S17". Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ El Nacional (ed.). "Azores Airlines conectará Barcelona y Boston". Consultado o 29 de abril de 2018.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Cathay Pacific adds Barcelona service from July 2017".
- ↑ Wilkie, Kirsty. "Belfast Charter Programme to Freedom of the Seas". www.nitravelnews.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Eurowings W17 new short-haul routes as of 23MAR17".
- ↑ "Georgian Airways operará la primera ruta entre España y Georgia". Easyviajar.
- ↑ "Mahan Air plans Barcelona June 2017 launch". Routesonline. Consultado o 10 de marzo de 2017.
- ↑ "Barcelona tindrà vol directe amb Silicon Valley per primera vegada".
- ↑ "All airlines flying from Barcelona (BCN) to Pori (POR).". FlightMapper. Consultado o 9 de maio de 2017.
- ↑ "RyanAir introduces Winter plane 2017/2018 from Frankfurt Am Main Vor". RyanAir. Consultado o 28 de febreiro de 2017.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Routesonline. Consultado o 5 de marzo de 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Small Planet expands Lublin service in S17".
- ↑ Spanish airline Vueling will add more flights to Helsinki in winter season 2017–2018 luchtzak.be. 25 de agosto de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do aeroporto en AENA.es
- Información práctica sobre o Aeroporto de Barcelona
- Información e fotografías do aeroporto en Factoría Urbana
- Hiperbólica Torre de Control (estrutura hiperboloide), GOP Oficina de proxectos
- Proxecto de Ricardo Bofill (páxina oficial do obradoiro de arquitectura)

