Constitución Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Constitución Europea é un tratado internacional que pretende a creación dunha constitución para a Unión Europea. Foi asinado no 2004 por representantes dos estados membros da Unión pero estaba suxeito a ratificación por tódolos estados membros, o cal aínda non sucedeu. As súas principais direccións eran: substituír ó gran grupo de tratados existentes que forman a actual "constitución" da Unión, uniformar os dereitos humanos ó longo da Unión Europea, e racionalizar a toma de decisións no que é hoxe unha organización de 25 membros.

A Constitución Europea foi asinada polos representantes dos estados membros o 29 de outubro de 2004, e estaba en proceso de ratificación polos estados membros até que, no 2005, os votantes de Francia (29 de maio) e Países Baixos (1 de xuño) rexeitaron o tratado en referendo. A falta de apoio popular da constitución neses estados fixo que outros países pospoñesen ou detesen os seus procesos de ratificación, e a Constitución ten hoxe un futuro francamente incerto. Téndoo ratificado, o tratado comezaria a aplicarse o 1 de novembro de 2006. En maio de 2006 Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo e Malta retificaron o tratado constitucional.

Ratificación[editar | editar a fonte]

Estado da ratificación nos países membros e candidatos

O Tratado da Constitución Europea (TCE) foi asinado nunha cerimonia celebrada en Roma o 29 de outubro de 2004. Antes de comezar coa súa aplicación, porén, debe ser ratificado por cada estado membro. O proceso de ratificación fíxose de diferentes formas en cada país, dependendo das súas tradicións, disposiciós constitucionais e procesos políticos. Nalgús estados membros, a aprobación do xefe de estado é tamén requirida para aprobar o TCE unha vez sexa aprobado polo parlamento ou por referendo. O Presidente de Alemaña non o ten feito aínda, debido a unha batalla legal por que o modo de ratificación non foi o referendo. O Presidente de Eslovaquia tampouco ten aprobada aínda a Constitución.

Lituania, Hungría, Eslovenia, Italia, Grecia, Eslovaquia, Austria, Alemaña, Letonia, Chipre, Malta, Bélxica e Estonia xa completaron a ratificación parlamentaria da Constitución Europea. Ademais, o Parlamento Europeo tamén aprobou o tratado (nun voto simbólico).

Dez dos 25 membros teñen anunciado a súa intención de convocar un referendo sobre a constitución. Nalgúns casos, o resultado será vinculante legalmente; noutros será consultivo (como foi o caso dos Países Baixos). Catro referendos xa tiveron lugar, resultando en España e Luxemburgo ratificada o TCE, e sendo rexeitado en Francia e os Países Baixos. Aínda que o referendo nos Países Baixos foi unicamente consultivo, o goberno neerlandés prometeu que non será ratificada.

Dende o voto francés, algúns dos membros da UE confirmaron a súa intención de abandonar ou pospor the referendo da ratificación, incluíndo o Reino Unido, onde o secretario de exteriores Jack Straw ten dito que non ten ningún sentido planear un referendo tralas decisións de Francia e Países Baixos [1]. Outros países continuaron cos procesos de ratificación, incluíndo Luxemburgo, que aprobou o tratado nun referendo o 10 de xullo do 2005 [2].

O 15 de setembro de 2005, o membro do Parlamento Europeo Johannes Voggenhuber do Partido Verde Austríaco e Andrew Duff de Democracia Liberal suxeriron o seguinte plano de acción:

  • Antes da fin de 2006, redactar un tratado moi reducido contendo só os puntos sobre os que non hai controversia.
  • Denantes da fin de 2009, unha nova convención constitucional debería decidir sobre unha nova constitución, prestando especial atención ó sistema social e as Política Común Exterior e Política de Seguridade.
  • Xunto ás eleccións ó Parlamento Europeo no 2009, debería ser convocado un referendo europeo sobre o Tratado Constitucional.

Esta proposta foi votada no Parlamento Europeo o 19 de xaneiro de 2006 con 385 votos a favor e 125 en contra.

Ratificación en España[editar | editar a fonte]

Edición publicada polo Goberno Español YesVoteSpainReferendum.png Resultados

Participación: 42,33 %

  • Si: 76,72%
  • Non: 17,25%
  • En branco: 6,03%

Abstención: 57,67%


Ratificación por referendo[editar | editar a fonte]

Estado Membro Data Resultado: % votos a favor (% votantes)
España España 20 de febreiro de 2005 Si: 76,7% (do 42,3%)[1]
Flag of France.svg Francia 29 de maio de 2005 Non: 54,7% (do 69,3%)[2]
Países Baixos Países Baixos 1 de xuño de 2005 Non: 61,6% (do 62,8%)
República Checa República Checa Cancelado Falta a ratificación do Parlamento
Luxemburgo Luxemburgo 10 de xullo de 2005 Si: 56,5% (do 87,77%)
Irlanda Irlanda Posposto indefinidamente
Dinamarca Dinamarca Posposto indefinidamente
Polonia Polonia Posposto indefinidamente
Portugal Portugal Posposto indefinidamente
Reino Unido Reino Unido Posposto indefinidamente

Aprobación parlamentaria da Constitución[editar | editar a fonte]

Parlamento Data Resultado Asinatura do Xefe de Estado
Lituania Lituania 11 de novembro de 2004 Si: 84 a 4[3] Si
Hungría Hungría 20 de decembro de 2004 Si: 322 a 12 Si
Unión Europea Parlamento Europeo 12 de xaneiro de 2005 Si: 500 a 137 Non hai
Eslovenia Eslovenia 1 de febreiro de 2005 Si: 79 a 4[4] Si
Italia Italia 6 de abril de 2005 Si: Cámara Baixa: 436 a 28.
Si: Cámara Alta: 217 a 16
Si
Grecia Grecia 19 de abril de 2005 Si: 268 a 17. Si
Eslovaquia Eslovaquia 11 de maio de 2005 Si: 116 a 27 Pendente
España España 18 de maio de 2005 Si: Cámara Baixa: 319 a 19.
Si: Cámara Alta: 225 a 6
Si
Austria Austria 25 de maio de 2005 Si. Cámara Baixa: 182 a 1.
Si. Cámara Alta: 59 a 3
Si
Alemaña Alemaña 27 de maio de 2005 Si: Cámara Baixa: 569 a 23.
Si: Cámara Alta: 66 a 3.
Pendente
Letonia Letonia 2 de xuño de 2005 Si: 71 a 5[5] Si
Chipre Chipre 30 de xuño de 2005 Si: 30 a 19 Si
Malaui Malaui 6 de xullo de 2005 Si: 65 a 0 Si
Luxemburgo Luxemburgo 25 de outubro de 2005 Si: 57 a 1 Si
Bélxica Bélxica 8 de febreiro de 2006 Si. Cámara Baixa: 118 a 18
Si. Cámara Alta: 54 a 9.
Si: Parlamento Rexional de Bruselas: 69 a 10.
Si: Parlamento da Comunidade Alemá: 21 a 2.
Si: Parlamento Rexional de Valonia
Si: Parlamento da Comunidade Francesa.
Si: Parlamento Rexional Flamengo: 84 a 29.
(Tódolos gobernos rexionais tamén aprobaron o tratado, cumprindo os requisitos do proceso de ratificación belga.)
Pendente
Estonia Estonia 9 de maio de 2006 Si: 73 a 1 Pendente
Finlandia Finlandia 12 de maio de 2006
(Expectante) 2006
Si. Primeira Volta: 104 a 24.
Segunda Volta: Non foi aínda.
Suecia Suecia Posposto indefinidamente
República Checa República Checa Posposto indefinidamente

Países ingresantes[editar | editar a fonte]

Os dous países que entrarán na Unión Europea no 2007, Bulgaria e Romanía, xa aceptaron a Constitución Europea como parte do proceso de admisión.

Parlamento Data Resultado Asinatura do Xefe de Estado
Bulgaria Bulgaria 11 de maio de 2005 Si: 231 a 1 Si
Romanía Romanía 17 de maio de 2005 Si: 434 a 0 Si

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/02/21/3484312.shtml?idioma=galego O si de España anima ao resto da UE a ratificar a Constitución
  2. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/30/100000070380.shtml?idioma=galego O non francés á Constitución abre unha crise na Unión Europea
  3. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/11/11/3197855.shtml?idioma=galego Lituania, primeiro país en ratificar a Constitución europea
  4. http://www.vieiros.com/nova/40744/o-parlamento-de-eslovenia-ratifica-a-euroconstitucion O parlamento de Eslovenia ratifica a euroconstitución
  5. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/06/02/3784397.shtml?idioma=galego O Parlamento letón aproba a Carta Magna e Suecia opta por esperar a que se reúna o Consello


Unión Europea
EU Insignia.svg

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Roma · Maastricht · Acta Única Europea
Ámsterdam · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

José Manuel Durão Barroso


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias