Saltar ao contido

Acerbaixán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAcerbaixán
Azərbaycan Respublikası (az)
Azərbaycan (az) Editar o valor en Wikidata

HimnoAzərbaycan marşı Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°18′N 47°42′L / 40.3, 47.7
CapitalBakú Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Agdam (pt) Traducir
Agdash (pt) Traducir
Aghjabadi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 70+
Poboación
Poboación10.145.212 (2021) Editar o valor en Wikidata (117,15 hab./km²)
Lingua oficialLingua azarí Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie86.600 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoBazardüzü Dagi (4.466 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Caspio (−28 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1991 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernorepública
Estado unitario
República semipresidencialista Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en Wikidataİlham Əliyev (2003–) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataAli Asadov (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional do Azerbaijão (pt) Traducir , (Escano: 125) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal54.825.411.765 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaManat acerbaixano Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.az Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+994 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 101, 102 e 103 Editar o valor en Wikidata
Código de paísAZ Editar o valor en Wikidata

Sitio webmfa.gov.az… Editar o valor en Wikidata
Twitter: azerbaijan BNE: XX456191 Editar o valor en Wikidata

Acerbaixán[1][2][3][4][5] (en acerbaixano: Azərbaycan), oficialmente República de Acerbaixán (en acerbaixano: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio. Limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e o Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, o Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.

Cultural, histórica e politicamente,[6] Acerbaixán é considerado parte de Europa. No entanto, a súa localización no Cáucaso meridional sitúao nunha fronteira imaxinaria entre Europa e Asia. Trátase realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre Asia e Europa.

Acerbaixán é membro de máis de 40 organizacións internacionais, incluíndo as Nacións Unidas, o Consello de Europa, o Movemento de Países Non Aliñados, o Banco Asiático de Desenvolvemento, a Comunidade de Estados Independentes, a Organización da Conferencia Islámica e a Organización de Cooperación Económica do Mar Negro. É un dos integrantes da Asociación para a Paz da Organización do Tratado do Atlántico Norte, así como da alianza militar Organización do Tratado de Seguridade Colectiva (OTSC). É tamén membro observador da Organización Mundial do Comercio.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Acerbaixán e as súas principais cidades

De acordo coa etimoloxía moderna, o nome de Acerbaixán deriva de Atropates,[7][8] un Sátrapa Persa[9][10][11], baixo o Imperio aqueménida, quen máis tarde foi reinstalado como o sátrapa de Media baixo Alexandre o Grande.[12][13] Crese que a etimoloxía orixinal do nome ten as súas raíces no Zoroastrismo (unha vez dominante). No Avesta, Frawardin Yasht ("Himno aos anxos da garda"), hai unha mención de âterepâtahe ashaonô fravashîm ýazamaide, que literalmente se traduce do avéstico como "adoramos o fravashi do sagrado Atropatene."[14] O nome "Atropates" en si mesmo é a transliteración grega do antigo iraniano, probablemente medo, nome composto co significado de "Protexido polo lume (sagrado)" ou "a terra do lume (sagrado)".[15] O nome grego foi mencionado por Diodoro Sículo e Estrabón ao longo dos milenios, o nome evolucionou a Āturpātākān (persa medio), logo Ādharbādhagān, Ādharbāyagān, Āzarbāydjān (persa novo) e actualmente Acerbaixán.

En 1918 o goberno de Musavat adoptou o nome "Acerbaixán" para a República Democrática de Acerbaixán, proclamada o 28 de maio dese ano,[16] por razóns políticas,[17][18] aínda que o nome de "Acerbaixán" sempre se utilizou para referirse á rexión adxacente da rexión contigua do noroeste de Irán.[19][20][20][21] Así, ata 1918, cando o réxime de Musavat decidiu nomear o novo estado independente de Acerbaixán, esta designación utilizábase exclusivamente para identificar a provincia iraniana de Acerbaixán.[20][21][22]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Acerbaixán.
Artigo principal: Historia de Acerbaixán.

Pertencente ao Irán (por entón Persia), Acerbaixán foi ocupado polo Imperio Ruso no século XVIII. Até entón, o territorio dividíase en tres provincias: Arran, Shirvan e Nakhichivan.

A administración rusa comezou a fins do século XIX coa explotación dos campos petrolíferos de Bakú. Tras a revolución do 1917, toda a Transcaucasia acadou a independencia, mais rematada a guerra civil foi reincorporada á nova URSS, co status de República.

Acadou definitivamente a independencia no 1991.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Acerbaixán.

Acerbaixán é unha República presidencialista. O Presidente de Acerbaixán elíxese por un período de 5 anos.

O poder lexislativo está nas mans da Asemblea Nacional, un organismo elixido democraticamente, que consta de 50 membros.

A maioría de idade está establecida nos 18 anos.

Os críticos do sistema político considérano en realidade unha cleptocracia. A corrupción está instalada en todos os niveis.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]
División de Acerbaixán
Artigo principal: Subdivisións de Acerbaixán.

Acerbaixán está dividido en:

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Acerbaixán.

A pesar dos abondosos recursos petrolíferos, o país non puido saír do marasmo económico que seguiu o derrubamento da Unión Soviética.

A economía está baseada na industria, que inclúe a construción de maquinaria, o refino de petróleo (do que o país é un produtor moi importante), a industria téxtil e a química.

A agricultura representa un terzo do PIB. Os regadíos están moi estendidos. Nas terras baixas, preto de Mar Caspio o clima permite o cultivo de algodón, froitas, , tabaco e outros cultivos típicos dos climas subtropicais. O verme da seda é criado para o seu aproveitamento na industria téxtil da seda. Nas zonas montañosas do norte e do oeste practícase a gandería, principalmente bovina, ovina e caprina. No mar Caspio practícase a pesca, en particular a do esturión.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Demografía de Acerbaixán.
Evolución demográfica de Acerbaixán entre 1960 e 2010 (en miles)

A súa poboación estimábase en 9 411 800 habitantes o 10 de xullo de 2013.[23]

Ao redor do 95 % da poboación é etnicamente azarí (de relixión musulmá e predominantemente xiíta, cunha lingua pertencente á póla turca da familia altaica). Este pobo está presente no Irán, onde existen dúas provincias de igual nome.

As minorías étnicas inclúen os lezguios o 1,35%, os rusos (a maioría dos rusos emigraron dende que Acerbaixán declarou a súa independencia) o 1,35% e os armenios o 1,35% (case todos os armenios viven na rexión separatista de Nagorno-Karabakh). Hai tamén varios grupos étnicos máis pequenos no país, como os ávaros, tats, xudeus, tártaros, turcos, talysh e ucraínos.[24]

Segundo datos de 2009, a esperanza de vida ao nacer en Acerbaixán é de 62 anos nos homes e 66 nas mulleres.[24]


Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Xosé G. Feixó Cid, X. Ramón Pena, Manuel Rosales (2004). Galego século XXI: nova guía da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 15. ISBN 9788482886947. acerbaixano, -a. Do Acerbaixán. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  4. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua (PDF). Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña. p. 119. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2014. 
  5. Ver entrada de «Sumqayit». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1984. ISBN 9788482893600. 
  6. Rosenberg, Matt. The New York Times Company, ed. "Where is the border between Europe and Asia?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2012. Consultado o 19 de maio de 2012. 
  7. Houtsma, M. Th. (1993). First Encyclopaedia of Islam 1913–1936 (reprint ed.). BRILL. ISBN 978-90-04-09796-4. 
  8. Schippmann, Klaus (1989). Azerbaijan: Pre-Islamic History. Encyclopædia Iranica. pp. 221–224. ISBN 978-0-933273-95-5. 
  9. Minahan, James (1998). Miniature Empires: A Historical Dictionary of the Newly Independent States. Greenwood Publishing Group. p. 20. ISBN 978-0-313-30610-5. 
  10. Chamoux, François (2003). Hellenistic Civilization. John Wiley and Sons. p. 26. ISBN 978-0-631-22241-5. 
  11. Bosworth A.B., Baynham E.J. (2002). Alexander the Great in Fact and fiction. Oxford University Press. p. 92. ISBN 978-0-19-925275-6. 
  12. Con todo, “malia ser un dos líderes vasalos do Shahanshah (monarca) sasánida, o rei albano só tiña certo poder, mentres que o Marzban (gobernador militar) sasánida tiña a maioría das competencias civís, relixiosas e militares.
  13. Swietochowski, Tadeusz (1999). Historical Dictionary of Azerbaijan. Lanham, Maryland: The Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-3550-4. 
  14. Darmesteter, James (2004). "Frawardin Yasht". Avesta Khorda Avesta: Book Of Common Prayer (reprint ed.). Kessinger Publishing. p. 93. ISBN 978-1-4191-0852-5. 
  15. "Azerbaijan: Early History: Iranian and Greek Influences". U.S. Library of Congress. Consultado o 7 de xuño de 2006. 
  16. Atabaki, Touraj (4 de setembro de 2006). Irán e a Primeira Guerra Mundial: o campo de batalla das grandes potencias. I.B.Tauris. p. 132. ISBN 978-1-86064-964-6. 
  17. Yilmaz, Harun (2015). National Identities in Soviet Historiography: The Rise of Nations Under Stalin. Routledge. p. 21. ISBN 978-1317596646. O 27 de maio, declarouse a República Democrática de Acerbaixán (DRA) con apoio militar otomán. Os gobernantes da DRA negáronse a identificarse como tártaros [transcaucásicos], que con razón consideraban unha definición colonial rusa. (...) O veciño Irán non deu a benvida á adopción da DRA do nome de "Acerbaixán" para o país, porque tamén podería referirse á Acerbaixán iraniana e implicaba unha reclamación territorial. 
  18. Barthold, Vasily (1963). Sochineniya, vol II/1. Moscova. p. 706. (...) sempre que sexa necesario elixir un nome que abarque todas as rexións da república de Acerbaixán, pode utilizarse o nome de Arran. Pero o termo Acerbaixán foi elixido porque cando se creou a república de Acerbaixán, supúxose que esta e a Acerbaixán iraniana serían unha única entidade, pola gran semellanza entre a poboación de ambos. Sobre esta base, foi elixida a palabra Acerbaixán. Por suposto agora cando se utiliza a palabra Acerbaixán, ten dous significados como o Acerbaixán persa e como a república, a confusión crece a medida que se fala de Acerbaixán. 
  19. Atabaki, Touraj (2000). Azerbaijan: Ethnicity and the Struggle for Power in Iran. I.B.Tauris. p. 25. ISBN 9781860645549. 
  20. 20,0 20,1 20,2 Dekmejian, R. Hrair; Simonian, Hovann H. (2003). Troubled Waters: The Geopolitics of the Caspian Region. I.B. Tauris. p. 60. ISBN 978-1860649226. Ata 1918, cando o réxime de Musavat decidiu o nome do novo estado independente de Acerbaixán, esta designación utilizouse exclusivamente para identificar á provincia iraniana de Acerbaixán. 
  21. 21,0 21,1 Rezvani, Babak (2014). Ethno-territorial conflict and coexistence in the caucasus, Central Asia and Fereydan: academisch proefschrift. Amsterdam: Amsterdam University Press. p. 356. ISBN 978-9048519286. “A rexión situada ao norte do río Araxes non era coñecida como Acerbaixán antes de 1918, ao contrario cá rexión ao noroeste de Irán, coñecida por ese nome dende moitos anos antes.” 
  22. Fragner, B.G. (2001). Soviet Nationalism: An Ideological Legacy to the Independant Republics of Central Asia. I.B. Tauris and Company. pp. 13–32. Dende unha perspectiva post-islámica, adóitase distinguir entre Arran and Shirvan. Porén, na era pre-islámica, Arran (ou o oeste da Albania Caucásica) coincidía máis ou menos co territorio da actual república de Acerbaixán. Na era soviética, nunha impresionante manipulación, o Acerbaixán histórico (noroeste do Irán) foi reinterpretado como "Acerbaixán do sur" para que os soviéticos puidesen reclamar o Acerbaixán histórico propiamente dito localizado no noroeste do moderno Irán. 
  23. "The International Population Day, The demographic situation in Azerbaijan, The State Statistical Committee of the Republic of Azerbaijan, 10 July 2013". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2013. Consultado o 17 de agosto de 2013. 
  24. 24,0 24,1 "Population of Azerbaijan - Demographic indicators, The State Statistical Committee of the Republic of Azerbaijan". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2013. 
  25. Censo de 2013

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]