Dependencia da Coroa británica
Aparencia




Unha Dependencia da Coroa británica (Crown Dependency, en inglés), é un territorio semi-independente que está controlado baixo soberanía do Monarca do Reino Unido, pero que non forma parte do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.
O grao de autonomía é ata máis elevado que o que poida ter un estado dentro dunha federación. As Dependencias da Coroa teñen moedas, matrículas, servizos postais etc., de seu.
| DD. CC. | Poboación | Capital |
|---|---|---|
| Guernsey | 67.728 hab. (2005) | Saint Peter Port |
| Jersey | 90.812 hab. (2005) | Saint Helier |
| Illa de Man | 75.000 hab. (2005 est.) | Douglas |
