Juan Bautista Aznar-Cabañas
Juan Bautista Aznar-Cabañas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de setembro de 1860 e 1860 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 19 de febreiro de 1933 e 1933 |
Lugar de falecemento | rúa Serrano |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, autor e oficial da armada |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Bautista Aznar-Cabañas, nado en Cádiz, ou segundo outras fontes na Coruña,[1][2] o 5 de setembro de 1860 e finado en Madrid o 19 de febreiro de 1933,[3] ou simplemente Juan Bautista Aznar, foi un mariño e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Logo dunha brillante carreira militar, na que destacou o seu papel nas campañas desenvolvidas en Marrocos entrou en política poucos meses antes do golpe de estado de Primo de Rivera.
Tras alcanzar a graduación de almirante, en 1931 foi chamado para substituír o xeneral Dámaso Berenguer como xefe do que habería ser o derradeiro goberno da Monarquía de Afonso XIII.
No gabinete do almirante Aznar había dúas correntes monárquicas contrapostas: A corrente "dura" representada por La Cierva (alta burguesía), e a corrente "branda ou transixente", disposta a pactar cos republicanos, nese momento no cárcere Modelo de Madrid, representada polo Conde de Romanones. Nun punto medio, a cargo do Ministerio de Gobernación achábase José María de Hoyos y Vinent de la Torre O’Neill, Marqués de Hoyos. Como Ministro da Guerra estaba o xeneral Dámaso Berenguer (que fora o anterior presidente de Goberno), o conde de Bugallal Araujo no "grupo La Cierva" e, como Director Xeneral da Garda Civil, o xeneral Sanjurjo. O resto do gabinete formábano o Duque de Maura, o almirante José Rivera e os empresarios Ventosa Calvell (lugartenente de Cambó) e Gascón y Marín.
La Cierva e Bugallal mantiñan a postura de que a monarquía debía resistir fronte á República por calquera medio que fose, incluso utilizando a Garda Civil (ao que se opuxo Sanjurjo cando comprobou nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931) que os republicanos eran maioría nas cidades importantes (o que significaba o grupo máis importante de "republicanos ilustrados antimonárquicos").
O conde de Romanones, despois de intentar inutilmente chegar a un acordo cos republicanos para crear un goberno de transición, era partidario de que o Rei abandonara España, decisión que finalmente tomou o Rei.
Predecesor: Dámaso Berenguer |
Presidente do Consello de Ministros de España 1931 |
Sucesor: Niceto Alcalá-Zamora |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Raymon Carr, España 1808-1975. Ariel. Barcelona. 1988