Terrasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Terrassa")

Coordenadas: 41°33′40″N 2°0′29″L / 41.56111, -2.00806

Terrassa
Terrassa Spain.svg Escut de Terrassa.svg
Conxunto episcopal de Egara
Ponte de Sant Pere Escola Industrial
Castelo de Vallparadís
Situación xeográfica
Localización de Terrasa na comarca do Vallès Occidental
País España España
Comunidade autónoma Cataluña Cataluña
Provincia Barcelona
Comarca Vallès Occidental
Xeografía
Altitude 277 msnm
Superficie 70,1 km²
Poboación
Poboación 212.724 hab.
Densidade 3.034,58 hab/km²
Xentilicio Terrasenco[1]
Información
Código postal 08221-08229
Alcalde Jordi Ballart (PSC)
Páxina web www.terrassa.cat

Terrasa[1] (en catalán: Terrassa) é un municipio e cidade española da provincia de Barcelona, en Cataluña. É, xunto con Sabadell, a capital da comarca do Vallès Occidental, ademais de ser a cuarta cidade en poboación de Cataluña.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Terrasa sitúase aos pés da Serralada Prelitoral Catalana (Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac) a 286 metros sobre o nivel do mar e 41º33'40" latitude norte, e a 2º0'29" de lonxitude leste. A 28 km de Barcelona e 20 de Montserrat.

Historia[editar | editar a fonte]

Os vestixios atopados indican que a zona na que se asenta Terrasa estivo habitada desde a prehistoria. En 2005, durante os traballos de soterramento dunha das liñas do ferrocarril da cidade, atopouse uns restos arqueolóxicos con ferramentas de pedra e fósiles de animais datados entre 700000 e 900000 anos de antigüidade, que o converten nun dos poucos con restos dos primeiros poboadores de Europa [Cómpre referencia].

Herdeira da antiga Egara romana, sé episcopal no século V, conserva un importante patrimonio medieval no que destaca o conxunto monumental das igrexas románico-visigóticas de Sant Pere, Sant Miquel e Santa María. Outros vestixios medievais importantes son o castelo cartuxa de Vallparadís (hoxe museo municipal) e a torre do Palau. No século XIX a cidade foi protagonista da revolución industrial con especial dedicación aos tecidos de la, da importancia que chegou a conseguir son froito edificios modernistas como a Masía Freixa (actual conservatorio de música), o vapor Aymerich Amat i Jover (actual Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña), o Teatro Principal, o Mercado da Independencia, o concello ou a casa museo Alegre de Sagrera.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
20.360 39.975 58.880 138.697 155.360 171.794 206.245

Distritos e barrios[editar | editar a fonte]

Distrito 1: Plaça de Catalunya i Escola Industrial, Cementiri Vell, Centre, Vallparadís e Antic Poble de Sant Pere.

Distrito 2: Montserrat, Vilardell, Torre-sana e Ca n'Anglada.

Distrito 3: Can Parellada, Les Fonts (parte do barrio está dentro do termo municipal de Sant Quirze del Vallès), Can Jofresa, Guadalhorce i Guadiana, Can Palet II, Xúquer, Segle XX e Can Palet.

Distrito 4: Ca n'Aurell, La Maurina, La Cogullada, Roc Blanc, Les Carbonelles e Can Palet de Vista Alegre.

Distrito 5: Sant Pere, Pla del Bon Aire, Can Roca, Poble Nou i Zona Esportiva, Torrent d'en Pere Parres, Can Boada del Pi, Can Gonteres, Pla del Bon Aire i el Garrot.

Distrito 6: Les Arenes, La Grípia, Can Montllor, Sant Llorenç, Sant Pere Nord, Ègara, Can Tusell.


Terrassa vista desde o oeste; algúns barrios están sinalados.

Terrassa vista desde o oeste; algúns barrios están sinalados.


Cultura e tradicións[editar | editar a fonte]

A cidade, é herdeira dun rico patrimonio medieval, modernista e industrial, conta cunha extensa rede de bibliotecas (entre as cales a moderna Biblioteca Central de Terrasa, que acolle o legado, entre outras, da histórica Biblioteca Soler i Palet), arquivos e museos.

Arquivos[editar | editar a fonte]

  • O Arquivo Histórico Comarcal de Terrasa / Arquivo Comarcal del Vallès Occidental
  • O Arquivo Municipal Administrativo de Terrassa
  • O Arquivo Tobella

Museos[editar | editar a fonte]

El vapor Aymeric, Amat i Jover, sede central do Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terrasenco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terrasa Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]