Normandía (Normandie en francés), é unha rexión administrativa francesa resultado da reunificación de Alta Normandía e Baixa Normandía trala reforma efectuada no repartimento das rexións, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2016. A capital da rexión (Chef-lieu) é Ruán e o consello rexional radica en Caen.