Lorca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLorca
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°41′00″N 1°42′00″O / 37.683333333333, -1.7Coordenadas: 37°41′00″N 1°42′00″O / 37.683333333333, -1.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalLorca Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación98.447 (2023) Editar o valor em Wikidata (58,74 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.676 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo e Río Guadalentín Editar o valor em Wikidata
Altitude353 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónClemente I Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco Jódar
Miguel Navarro Molina (1993–2006)
Leoncio Collado Rodríguez (2006–2007) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30800 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE30024 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio weblorca.es Editar o valor em Wikidata

Lorca é unha cidade e concello español da Rexión de Murcia situado no sueste da Península Ibérica. Pertence á comarca do Alto Guadalentín. Ten 92.869 habitantes (INE 2011), sendo a terceira cidade en poboación da comunidade, tras Murcia e Cartagena. É o segundo municipio máis extenso de España, tras Cáceres, con 1.676 km².

Castelo de Lorca.

Lorca é coñecida polo seu castelo, a súa arquitectura barroca e as súas procesións de Semana Santa, declaradas como Festa de Interese Turístico Internacional.

Grazas ao seu denso patrimonio heráldico é tamén chamada "a cidade dos cen escudos", nome que lle outorgou o antigo alcalde José Antonio Gallego, mentres que do seu nome orixinal (Eliocroca) toma o título de "cidade do sol". A súa zona vella e o recinto do castelo foron declarados conxunto histórico-artístico o 5 de marzo de 1964, sendo a primeira da Rexión de Murcia con esta distinción.

O 11 de maio de 2011, dous terremotos de 4,5 e 5,1 graos con epicentro na localidade deixaron un balance de 9 mortos, centos de feridos e notables danos materiais.[1]

O 31 de xaneiro de 2022 foi nova polo asalto ó seu concello no medio da polémica pola limitación das macrogranxas porcinas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]