Saltar ao contido

Dourada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dourada
Sparus aurata
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Nome curto
S. aurata Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdeSpariformes
FamiliaSparidae
XéneroSparus
EspecieSparus aurata Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Sparus aurata Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/02qf178 Editar o valor en Wikidata
UNII0WIJ9W52KT Editar o valor en Wikidata
ITIS647901 Editar o valor en Wikidata
OTT760723 Editar o valor en Wikidata
UICN170253 Editar o valor en Wikidata
CoL4YF8Y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

A dourada (Sparus aurata, Linnaeus 1758[1]) é un peixe mariño da familia dos espáridos (Sparidae), semellante ó prago ou ó ollomol. Moi apreciado na cociña, hoxe procede en boa parte da acuicultura. Caracterízase por presentar unha banda dourada entre os ollos.

Ríos Panisse recolleu dourada (ou o castelanismo dorada) como nome común para esta especie. Tamén dourada branca na Coruña[2]; chamiseira, en Muxía[3], fiuncha [4] ou samba, en Cambados.[5]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Douradas
Douradas expostas á venda.

O talle habitual é de 25–35 cm e 0,5–3 kg, alcanzando tamaños de 60–70 cm e 5–7 kg en exemplares adultos. O corpo é alto e comprimido lateralmente, marcando o dorso unha clara convexidade. A cabeza é grande e redondeada, cuns labios grosos e varias filas de dentes, a primeira con seis cabeiros afiados seguidos por 4 ou 5 filas máis de fortes dentes molares, máis aplanados.

A cor do dorso é gris verdosa ou azulada, o ventre prateado e os flancos agrisados con tons amarelados, tamén prateados. Presenta unha franxa amarela dourada entre os ollos, á que debe o nome, que desaparece pronto trala morte do animal; e unha mancha escura máis ou menos arredondada no nacemento da liña lateral, a altura do bordo superior do opérculo. No opérculo é habitual unha mancha avermellada que tamén se vai esvaecendo co tempo.

A aleta dorsal é longa e única; as pectorais, longas e rematadas en punta; e a caudal, dividida en dous lobos.

Aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos, pois a súa dentadura é quen de rompe-las cunchas destes sen problemas.

Especies semellantes

[editar | editar a fonte]

Parecido a esta especie é outro peixe, a castañeta encarnada (Beryx decadactylus), á que tamén chaman dourada femia.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha especie costeira, que vive en augas pouco profundas, duns 30 m de profundidade, se ben nas épocas de reprodución pode alcanza-los 150 metros. É común na desembocadura dos ríos e pode pescarse mesmo en estuarios e lagoas costeiras de baixa salinidade. Prefiren os fondos rochosos ou areosos.

A súa área de distribución ocupa a costa atlántica europea e africana, desde as Illas Británicas ata Cabo Verde, así como no mar Mediterráneo e o mar Menor.

Pesca e aproveitamento

[editar | editar a fonte]

A dourada que actualmente se atopa no mercado procede case toda ela da acuicultura. Segundo datos da Asociación Empresarial de Productores de Cultivos Marinos (APROMAR) referidos a 2009, mentres que a dourada de acuicultura ascendía a unhas 167.000 toneladas, a procedente da pesca extractiva só sumaba 7.812 toneladas (cifra que se mantén nos últimos anos flutuando entre as 5.000 e as 8.000 toneladas anuais).

Os principais países produtores de dourada de acuicultura son Grecia, cunhas 85.000 toneladas; Turquía, con 35.000 toneladas; e España, con 23.690 toneladas (pouco menos que en 2008). A produción española concéntrase na costa mediterránea, destacando a Comunidade Valenciana, co 39% do total; Murcia, co 27%; Andalucía, 14%; e Cataluña, co 5%; así como nas illas Canarias, cun 15% da produción.

Aínda que non é abundante nas nosas costas, captúrase entre novembro e febreiro, con artes de trasmallo, palangre ou ó arrastre, e tamén é obxecto de pesca deportiva. No ano 2010 poxáronse nas lonxas de Galicia un total de 27.086 kg, unha pequena fracción da pesca desta especie en España, que foi de 1.189 toneladas en 2008.

Unha das formas clásicas de cociña-la dourada é ó sal: enfornada, usualmente envolta en papel de prata, e cuberta de sal.

  1. Sinónimos: Pagrus auratus.
  2. Onde a distinguen doutro peixe semellante, dourada gris, que Ríos Panisse non identifica.
  3. Pola suposta similitude do lombo gris escuro do peixe co chamizo.
  4. Nome recollido por Blanco Carril e baseado no cheiro a fiúncho deste peixe.
  5. Quizais por confusión ou cruce fonético coa sama, samba, saima ou seima, outro peixe da mesma familia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dirección Xeral de Formación Pesqueira (1999). Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia.
  • Ríos Panisse, M. Carmen (1977). Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 de Verba.
  • Zudaire, Maite e Yoldi, Gema (2005): Pescados y mariscos. Eroski Publicaciones, Elorrio (Biscaia).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]