Banco Bilbao Vizcaya Argentaria
Banco Bilbao Vizcaya Argentaria | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | banco, negocio, empresa e empresa de capital aberto ![]() | |||
Parte de | IBEX 35 ![]() | |||
Forma xurídica | sociedad anónima ![]() | |||
Personalidades | ||||
Presidente/a | Carlos Torres Vila (2018-) ![]() | |||
Actividade | ||||
Industria | servizos financeiros e sector financeiro ![]() | |||
Produtos
| ||||
Entidades | ||||
Ten en propiendade
| ||||
Membro de
| ||||
Economía | ||||
Bolsa de valores | New York Stock Exchange, Bolsa de Madrid e Bolsa de Valores de Asunción ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 1999 ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
Localización | ||||
| ||||
Enderezo | Plaza de San Nicolás número 4, Bilbao 48005 ![]() | |||
Sede | Edificio del Banco de Bilbao (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Lugar de formación | Bilbao ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | bbva.com ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (BBVA) é unha entidade bancaria española con participación en entidades financeiras de máis de trinta países.
O Banco ten a súa sede social na cidade de Bilbao (País Vasco), aínda que a maior parte dos servizos centrais da entidade atopánse en Madrid (2009), concentrados na Torre BBVA (oficinas centrais do banco); conta con preto de 109 000 empregados, así como uns 35 millóns de clientes esparecidos en máis de 30 países por todo o mundo e aproximadamente 1 millón de accionistas. O banco ven de vender no 2009, a maior parte dos seus edificios corporativos en Madrid, e nun futuro vindeiro planea mudarse a unha nova cidade financeira que se está a proxectar ao norte da capital madrileña.
Nun proceso de deslocalización no que leva inmerso o banco dende o ano 2007, a dirección decidiu levar a cabo unha política de externalización de servizos e custos, trasladando moitos dos procesos administrativos e de operacións que se estaban a facer en servizos centrais (en Madrid e Bilbao) cara á cidade andaluza de Málaga e noutras cidades situadas no continente iberoamericano, externalizando os servizos nunha empresa pertencente ao grupo BBVA chamada OP PLUS Operacións e Servizos, aforrando tanto custos económicos como sociais.
Historia
[editar | editar a fonte]O BBVA foi creado en 1999 como resultado da fusión das seguintes entidades bancarias:
- Banco Bilbao Vizcaya (BBV), creado en 1988 mediante a fusión, á vez, de:
- Banco de Bilbao, fundado en 1857 en Bilbao.
- Banco de Vizcaya, fundado en 1901, tamén en Bilbao.
- Argentaria (Corporación Bancaria de España), entidade pública fundada en 1991 e privatizada entre 1993 e 1998, formada mediante a fusión de diversos bancos de propiedade pública, entre os que destacaban:
Á súa vez cando se formalizou a fusión entre o BBV e Argentaria, fusionáronse tamén outras entidades que pertenecían ao grupo, como o Banco de Alicante, o Banco de Comercio, ou a Banca Catalana.
En febreiro do 2007 o BBVA anunciou a merca do banco estadounidense Compass Bancshares por un importe de 9 600 millóns de dólares, e o seu plan de fusionar as catro entidades bancarias para crear a maior entidade do sur do país[1]
A partir de xulio de 2007, o empresario galego Manuel Jove, anterior propietario de máis da metade de Fadesa, converteuse no principal accionista do BBVA, ao mercar un 4,9 % deste (174 millóns de accións) por 3 285 millóns de euros. Malia ter ao maior accionista de orixe galega, dito idioma é discriminado no banco, nas súas relacións coa clientela desa comunidade en España.
Patrocinios deportivos
[editar | editar a fonte]Desde a tempada 2006/2007 o banco patrocina e dá nome (Liga BBVA) á Segunda División A do fútbol español. Desde a tempada 2008/2009, o banco patrocina a primeira división española, que tamén mudou o nome e pasou a chamarse Liga BBVA. O banco mantén o patrocinio da Segunda, que agora se denomina "Liga Adelante" (o eslogan do banco).
Premios Fundación BBVA Fronteiras do Conocemento e a Cultura
[editar | editar a fonte]A Fundación BBVA convoca anualmente os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Conocemento e a Cultura, cuxo propósito é recoñecer e incentivar a investigación e a creación cultural, en especial aquelas contribucións de amplo impacto pola súa orixinalidade e implicacións teóricas, así como pola súa capacidade de orixinar innovacións prácticas. A denominación destes premios quere significar tanto o traballo de investigación capaz de artellar o conocemento e amplialo, desprazando cara a adiante e de maneira continua, a fronteira do coñecido, como o encontro entre áreas disciplinares.
Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Conocemento e a Cultura teñen periodicidade anual, con oito categorías: Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas); Biomedicina; Ecoloxía e Bioloxía da Conservación; Tecnoloxías da Información e a Comunicación; Economía, Finanzas e Xestión de Empresas; Música contemporánea; Troco climático e Cooperación ao desenvolvemento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BBVA planea fusionar cuatro bancos para crear la mayor entidad del sur de EEUU", artigo en El País, 16 de febreiro de 2007 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Grupo BBVA (en castelán).
- Fundación BBVA (en castelán).
- Informe "Los 50 bancos más seguros del mundo en 2009", segundo a revista The banker (en castelán).