Acordo Tripartito de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acordo Tripartito de Madrid.
     Sáhara Occidental (Sáhara Español)     España     Marrocos     Mauritania

Acordo Tripartito de Madrid ou Acordos de Madrid é o nome simplificado da Declaración de principios entre España, Marrocos e Mauritania sobre o Sáhara Occidental, asinada o 14 de novembro de 1975 en Madrid entre os representantes de España, Marrocos e Mauritania sobre o ata entón denominado Sáhara Español. Componse dunha declaración política e varios anexos secretos.

Declaración[editar | editar a fonte]

A declaración política estipula[1] que España transferirá a administración do Sáhara Occidental. Esa transferencia faise a unha administración temporal tripartita composta por España, Marrocos e Mauritania.

A validez xurídica deste acordo foi cuestionada polo Secretario Xeral Adxunto de Asuntos Xurídicos e Asesor Xurídico das Nacións Unidas, Hans Corell, nun importante ditame o 29 de xaneiro de 2002 sobre a legalidade dos acordos petroleiros asinados por Marrocos.[2] Na actualidade, o ente encargado de mediar no problema é a Misión de Nacións Unidas para o referendo no Sáhara Occidental.[3][4]

Situación na actualidade[editar | editar a fonte]

O certo é que, despois deste acordo, a ONU non considerou a Marrocos (nin, no seu momento, a Mauritania)[5] como potencias administradoras do territorio do Sáhara Occidental, que segue figurando na lista da ONU como único territorio español pendente de descolonización.[6]

Xunto ao acordo político existían uns anexos secretos, dos que só unha parte foi filtrada. Os anexos secretos económicos[7] estipulaban a cesión a Marrocos do 65% da empresa Fos Bucraa, que explotaba os ricos xacementos de fosfatos do Sáhara Occidental, a cambio de que España obtivese dereitos de pesca para 800 barcos durante 20 anos. Os acordos secretos en materia de pesca foron incumpridos por Marrocos.

Politicamente, os acordos de Madrid foron un paso importante da dinastía alauí na consecución do seu proxecto de Gran Marrocos. A importancia do apoio prestado polos Estados Unidos foi considerado por algúns analistas como definitivo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]