Tribunal Constitucional de España
Tribunal Constitucional de España | |
---|---|
Sede do tribunal en Madrid | |
Tipo | tribunal constitucional |
Data de fundación | 1978 |
Presidente/a | Cándido Conde-Pumpido Tourón (2023-) |
Sede | Palace of Marqués de Grimaldi, sen etiquetar e Headquarters of the Constitutional Court |
En | Madrid |
País | España |
40°26′29″N 3°43′03″O / 40.4415, -3.7176 | |
Na rede | |
https://www.tribunalconstitucional.es/es/Paginas/default.aspx | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Tribunal Constitucional de España é o órgano xurisdicional que culmina o poder xudicial, cuxa principal función é a de actuar como máximo intérprete da Constitución.
Na práctica a súa transcendencia vén dada por que constitúe o principal control dos poderes do Estado en materia constitucional (poder executivo, poder lexislativo, e do propio poder xudicial, revisando os seus actos cando atentan contra o disposto na Constitución).
En particular, ten competencia para coñecer:
- Do recurso e da cuestión de inconstitucionalidade contra leis e disposicións normativas con forza de lei (p. ex. Decretos leis e decretos lexislativos).
- Do recurso de amparo por violación de dereitos fundamentais e das liberdades públicas.
- Dos conflitos constitucionaís de competencia entre o Estado e as Comunidades Autónomas o dos habidos por estas entre si.
- Dos conflitos entre os órganos constitucionais do Estado.
- Dos conflitos en defensa da autonomía local.
- Da declaración sobre a constitucionalidade dos Tratados Internacionais.
- Das impugnaciones previstas no número 2 do artigo 161 da Constitución.
- Da verificación dos nomeamentos dos maxistrados do Tribunal Constitucional, para xulgar se os mesmos reúnen os requisitos que require a Constitución e a presente Lei que rexe tales nomeamentos .
- Das demais materias que lles atribúe a Constitución e as leis orgánicas.
Para coñecer do recursos interpostos contra os regulamentos, é competente a xurisdición contencioso-administrativa e non o Tribunal Constitucional, xa que ao seren normas emanadas da Administración pública (a través da potestade regulamentaria), que carecen de rango de lei, non cabe recurso de inconstitucionalidade. O tribunal con competencia última nesa materia sería o Tribunal Supremo ou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no caso de que se recorra un regulamento emanado do goberno galego.
Os Tratados internacionais, porén, si cabe recorrelos por inconstitucionalidade perante o Tribunal Constitucional, porque a Constitución española outorgalles forza de lei a partir do momento en que se incorporan ao dereito estatal.
As sentenzas do Tribunal Constitucional serán publicada no Boletín Oficial del Estado cos votos particulares, se os houbese. Ditas sentenzas entran en vigor o día seguinte ao da súa publicación e non cabe recurso contra as mesmas.
As sentenzas que declaren a inconstitucionalidade dunha lei oo dunha norma con forza de lei, teñen plenos efectos contra todos. Salvo que a sentenza dispoña outra cousa, subsistirá a vixencia da lei ou da norma na parte non afectada pola inconstitucionalidade.
Composición
[editar | editar a fonte]O Tribunal Constitucional está integrado por doce membros, que ostentan o título de Maxistrados do Tribunal Constitucional. Son nomeados polo Rei mediante Real Decreto, a proposta das Cámaras que integran as Cortes Xerais (catro polo Congreso dos Deputados e outros catro polo Senado, e por maioría de 3/5 dos votos dos membros de cada Cámara), do Goberno (dous) e do Consello Xeral do Poder Xudicial (dous).
A designación para este cárrego efectúase por un período de nove anos, debendo recaír en cidadáns españois que sexan Maxistrados ou Fiscais, Profesores de Universidade, Funcionarios públicos ou Avogados, todos eles deben ser xuristas de recoñecida competencia e con máis de quince anos de exercicio profesional. Os Maxistrados renóvanse nunha terza parte cada tres anos.
A condición de membro do Tribunal Constitucional é incompatíbel: con todo mandato representativo; con cargos políticos ou administrativos; co desempeño de funcións directivas nun partido político ou nun sindicato e con calquera emprego a servizo dos mesmos; co exercicio das carreiras xudicial e fiscal, e con calquera actividade profesional ou mercantil. De resto, os membros do Tribunal Constitucional terán as incompatibilidades propias dos membros do poder xudicial.
Os membros do Tribunal Constitucional serán independentes e inamobíbeis no exercicio do seu mandato.
Maxistrados do Tribunal Constitucional desde a súa constitución
[editar | editar a fonte]Membros actuais
[editar | editar a fonte]- Francisco José Hernando
- Adela Asúa
- Luis Ignacio Ortega
- Francisco Pérez de los Cobos (presidente)
- Encarnación Roca
- Andrés Ollero
- Fernando Valdés Dal-Ré
- Juan José González Rivas
- Pedro José González-Trevijano
- Enrique López López
- Juan Antonio Xiol Ríos
- Santiago Martínez-Vares
Membros eméritos
[editar | editar a fonte]Por ano de nomeamento; entre paréntese figura a duración do mandato; e o asterisco indica que o Maxistrado foi nombrado Presidente:
- Aurelio Menéndez Menéndez (1980)
- Plácido Fernádez Viagas (1980-1983)
- Jerónimo Arozamena Serra (1980-1986)
- Manuel Díez de Velasco Vallejo (1980-1986)
- Ángel Escudero del Corral (1980-1986)
- Manuel García Pelayo (1980-1986) * Presidente (1980-1986)
- Rafael Gómez-Ferrer Morant (1980-1986)
- Gloria Begué Cantón (1980-1989)
- Luis Díez-Picazo y Ponce de León (1980-1989)
- Ángel Latorre Segura (1980-1989)
- Francisco Rubio Llorente (1980-1992)
- Francisco Tomás y Valiente (1980-1992) * Presidente (1986-1992)
- Antonio Truyol Serra (1981-1990)
- Francisco Pera Verdaguer (1983-1986)
- Jesús Leguina Villa (1986-1992)
- Fernando García-Mon y González-Regueral (1986-1998)
- Luis López Guerra (1986-1995)
- Carlos de la Vega Benayas (1986-1995)
- Eugenio Díaz Eimil (1986-1995)
- Miguel Rodríguez-Piñero Bravo-Ferrer (1986-1995) * Presidente (1992-1995)
- José Luis de los Mozos y de los Mozos (1989-1992)
- José Vicente Gimeno Sendra (1989-1998)
- Álvaro Rodríguez Bereijo (1989-1998) * Presidente (1995-1998)
- José Gabaldón López (1990-1998)
- Pedro Cruz Villalón (1992-2001) * Presidente (1998-2001)
- Julio Diego González Campos (1992-2001)
- Rafael de Mendizábal Allende (1992-2001)
- Carles Viver Pi-Sunyer (1992-2001)
- Enrique Ruiz Vadillo (1995-1998)
- Manuel Jiménez de Parga y Cabrera (1995-2004) * Presidente (2001-2004)
- Tomás Salvador Vives Antón (1995-2004)
- Javier Delgado Barrio (1995-1996)
- Pablo García Manzano (1996-2004)
- Fernando Garrido Falla (1998-2002)
- Pablo Cachón Villar (1998-2004)
- María Emilia Casas (1998-...) * Presidenta (2004-2011)
- Guillermo Jiménez Sánchez (1998-...)
- Vicente Conde Martín de Hijas (1998-...)
- Javier Delgado Barrio 2ª vez (2001-...)
- Elisa Pérez Vera (2001-...)
- Roberto García-Calvo y Montiel (2001-2008)
- Eugeni Gay Montalvo (2001-...)
- Jorge Rodríguez-Zapata Pérez (2002-...)
- Ramón Rodríguez Arribas (2004-...)
- Pascual Sala Sánchez (2004-...) * Presidente (2011-2013)
- Manuel Aragón Reyes (2004-...)
- Pablo Pérez Tremps (2004-...)