Provincia de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°00′N 7°30′O / 43.000, -7.500

Provincia de Lugo


Situacion Provincia de Lugo.PNG
Capital Lugo
Área 9.856 km²
Poboación 326.013 hab. (2021)
Densidade 33,27 hab./km²
Concellos 67
Xentilicio Lugués-a, Lucense

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada[1].

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 327 946 habitantes en 2020, tras A Coruña e Pontevedra.

Consta de 67 concellos, 11 comarcas e 9 partidos xudiciais, integrados por 1167 parroquias e 10 299 entidades de poboación.[2]


Xeografía[editar | editar a fonte]

Lugo por Francisco Coello, 1864.
O río Sil ó seu paso pola Ribeira Sacra lucense.
O Landro ó seu paso polo concello de Ourol.
O encoro de Belesar no concello do Saviñao.
A croa do castro de Viladonga, en Castro de Rei, é un dos miles de castros que ten a provincia.

A provincia sitúase no nordeste de Galicia, e ocupa 9.856 km². Segundo o IGE[3], no ano 2020 vivía unha poboación de 327 946 habitantes, cunha densidade de poboación duns 33,27 hab./km².

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa provincia da Coruña, ao sur coa provincia de Ourense, e ao leste, co Principado de Asturias e coa provincia de León.

A orixe da delimitación moderna parte do proxecto de prefecturas de Xosé I, na invasión napoleónica, que establecía a prefectura do Alto Miño, con cabeceira en Lugo e subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro.[2]

Rías[editar | editar a fonte]

As rías da provincia de Lugo forman parte das Rías Altas. De oeste a leste son:

Illas[editar | editar a fonte]

As illas máis importantes da costa lucense son, de oeste a leste:

Cabos[editar | editar a fonte]

Entre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan:

Ríos[editar | editar a fonte]

O principal río que a percorre é o Miño, que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra e Portugal, desembocando no océano Atlántico. Na cornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é o Sil, que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de polos canóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamada Ribeira Sacra, que abrangue o sur da provincia de Lugo e mais o norte da de Ourense.

Encoros[editar | editar a fonte]

Hai 28 encoros na provincia, entre os que destacan:

Para unha lista completa, véxase Lista de encoros de Galicia.

Lagoas[editar | editar a fonte]

Na provincia de Lugo hai varias lagoas situadas na Terra Chá:

Sistemas montañosos[editar | editar a fonte]

Os sistemas montañosos máis importantes da provincia son:

Demografía[editar | editar a fonte]

Concellos máis poboados[editar | editar a fonte]

Comarcas e concellos da provincia de Lugo
Concellos de Lugo.jpg
Concellos máis poboados
Posición Concello Poboación (2020)
Lugo 98.519
Escudo de Monforte de Lemos 2002.svg Monforte de Lemos 18.347
Escudo de Viveiro.svg Viveiro 15.391
Escudo de Vilalba (Lugo).svg Vilalba 14.079
Escudo de Sarria.svg Sarria 13.338
Escudo de Foz.svg Foz 10.016
Ribadeo.svg Ribadeo 9.860
Escudo de Burela.svg Burela 9.498
Chantada.svg Chantada 8.157
10º Guitiriz.svg Guitiriz 5.490
11º Escudo de Outeiro de Rei.svg Outeiro de Rei 5.210
12º Castro de Rei.svg Castro de Rei 5.073
13º Escudo de Cospeito.svg Cospeito 4.374
14º Escudo de Cervo.svg Cervo 4.192
15º Escudo de Friol.svg Friol 3.682
16º Escudo do Saviñao.svg O Saviñao 3.589
17º Escudo de Monterroso.svg Monterroso 3.562
18º Escudo de Mondoñedo.svg Mondoñedo 3.480
19º Escudo de O Corgo.svg O Corgo 3.440
20º Escudo color de A Fonsagrada.gif A Fonsagrada 3.328
21º Escudo de Quiroga.svg Quiroga 3.151
22° Palas de Rei.svg Palas de Rei 3.316
23° Xove.svg Xove 3.360
24° Escudo de Barreiros.svg Barreiros 3.001
25º Escudo de Begonte.svg Begonte 2.976
26° Escudo de A Pastoriza.svg A Pastoriza 2.963
27º Becerreá.svg Becerreá 2.826
28º Escudo de Taboada.svg Taboada 2.689
29º Escudo de Guntín.svg Guntín 2.238
30º Escudo de Castroverde.svg Castroverde 2.592

Evolución[editar | editar a fonte]

Gráfico da evolución da poboación da provincia dende 1900 ata 2020:

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Zonas protexidas[editar | editar a fonte]

Na provincia de Lugo hai varias zonas protexidas, aínda que non hai ningún parque nacional nin natural.

Economía[editar | editar a fonte]

O 50% pertence a servizos, o 34% a primaria (agricultura, gandería, silvicultura e pesca), o 11% é a construción e o 5% a industria (incluída a enerxía).[Cómpre referencia][cando?]

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Estradas[editar | editar a fonte]

Ferrocarril[editar | editar a fonte]

Na provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento:

Transporte aéreo[editar | editar a fonte]

Comarcas[editar | editar a fonte]

Comarca Capital Concellos
Os Ancares Becerreá Becerreá, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro
Chantada Chantada Carballedo, Chantada, Taboada
A Fonsagrada A Fonsagrada Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz
Lugo Lugo Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín, Rábade
A Mariña Central Mondoñedo Alfoz, Burela, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro
A Mariña Occidental Viveiro Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove
A Mariña Oriental Ribadeo Barreiros, A Pontenova, Ribadeo, Trabada
Meira Meira Meira, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto
Quiroga Quiroga Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil
Sarria Sarria O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria, Triacastela
Terra Chá Vilalba Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba, Xermade
Terra de Lemos Monforte de Lemos Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao, Sober
A Ulloa Antas de Ulla Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei

Concellos[editar | editar a fonte]

As comarcas da provincia de Lugo divídense en 67 concellos (Galicia ten 313).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Subdelegación do Goberno de Lugo. 
Castelo de Monforte de Lemos, segunda cidade en poboación. 
Vila de Mondoñedo, capital da Mariña Central
A cidade de Sarria, capital da comarca de Sarria e quinto concello da provincia en poboación. 
A catedral de Lugo, na imaxe, é unha das dúas catedrais da provincia, xunto coa catedral de Mondoñedo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cifras oficiais de poboación a 1 de xaneiro de 2016". IGE. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 12/7/2017. 
  2. 2,0 2,1 AAVV (2019). Das vías romanas á modernidade. deputación Provincial de Lugo. ISBN 9788412059717. 
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]