Albaicín
Alhambra, Generalife e Albaicín de Granada | |
---|---|
![]() Vista do barrio | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 37°10′36″N 3°35′40″O / 37.17667, -3.59444 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, III, IV |
Inscrición | 1984 (8ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 314 |
O Albaicín ou Albayzín é un barrio do leste da cidade de Granada, en Andalucía, que conserva a estrutura e aspecto que tiña na época musulmá medieval. Foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1948, xunto coa Alhambra e o Generalife.
Historia[editar | editar a fonte]
Inicialmente, a poboación situouse na chaira, na antiga cidade de Ilbira, pero no século XI, coa caída do Califato de Córdoba, a inseguridade xeral aconsellou o traslado a Albaicín.
A época nazarí foi a de máis esplendor e influencia do barrio do Albaicín. A trama urbana que se conserva actualmente é a desa época, cunha rede moi complicada de rúas estreitas, dende a parte máis alta (San Nicolás) ata a ribeira do río Darro (Carrera del Darro) e a rúa Elvira, que se unen na Praza Nueva.
O tipo tradicional de vivenda é o carmen que consiste nunha casa rodeada dunha pequena horta ou xardín e de muro alto que a separa da rúa. Era moi característica a canalización e distribución de auga potable a través de cisternas subterráneas (alxibe), das que se conservan unhas 28, a maioría aínda en funcionamento.
A situación do barrio sobre a aba da montaña diante da Alhambra propicia unha vistas espectaculares, especialmente, para os turistas, dende a igrexa de San Nicolás. Na zona pódense visitar tamén restos duns baños árabes, o Museo Arqueolóxico de Granada, e a igrexa de San Salvador, edificada sobre os restos dunha mesquita. Tamén se conservan algunhas casas mouriscas.
Actualmente, a afluencia turística e a inmigración dende Marrocos favoreceron, conxuntamente, a formación dunha rede de comercios e restaurantes de ambiente moi caracerístico norteafricano, recuperando, en parte, as orixes do barrio.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Vista dende a Alhambra
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albaicín ![]() |