Provincia de Ávila
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Capital | Ávila | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 158.989 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 8.048 km² | ||||
| Bañado por | Río Alberche, Río Tiétar, Tormes, Río Adaja, río Trabancos e Río Zapardiel | ||||
| Punto máis alto | Pico Almanzor (2.591 m) | ||||
| Punto máis baixo | Río Tiétar (295 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Deputación Provincial de Ávila | ||||
| • Presidente da Deputación Provincial | Carlos García González (2019–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 05 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | ES-AV | ||||
| Código NUTS | ES411 | ||||
| Código INE | 05 | ||||

A provincia de Ávila forma parte da comunidade autónoma de Castela e León. A súa capital é Ávila e conta cunha poboación de 167.032 habitantes e unha superficie de 8.050 km².
Xeograficamente distínguense tres rexións diferenciadas:
- A zona norte, continuación da Meseta Norte, caracterizada polas súa paisaxe chá e os seus materiais sedimentarios. É unha zona de clima continental con longos e fríos invernos e veráns curtos pero calorosos. Comprende as comarcas da Moraña e a Terra de Arévalo.
- A zona central, onde se localizan as zonas de montaña (Serra de Gredos, Serra da Paramera, Serra de Ávila, Serra de Villafranca) coas súas grandes formacións de granito que alcanzan a súa maior altitude na Praza do Mouro Almanzor, que con 2.596 metros é o cume culminante da Serra de Gredos e a máis elevada de todo o Sistema Central. O seu clima de montaña caracterízase en moitas zonas por temperaturas moi baixas no período invernal e veráns curtos e pouco calorosos.
- Para rematar, a zona sur que comprende o Val do Tiétar e o Val do Alberche, caracterizado pola súa baixa altitude e un clima máis benigno. Nesta parte é fácil atopar cultivos de laranxeiras e de oliveiras. As poboacións máis importantes desta zona son Areas de San Pedro e Candeleda.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Ávila |
