Provincia de Salamanca
| provincia de Salamanca (es) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Capital | Salamanca | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 327.685 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 12.349 km² | ||||
| Bañado por | Río Douro, Tormes, Río Alagón, Río Águeda e Rio Huebra (pt) | ||||
| Punto máis alto | Canchal de la Ceja (en) | ||||
| Punto máis baixo | Río Douro (130 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Diputación de Salamanca (en) | ||||
| • Presidente da Deputación Provincial | Francisco Javier Iglesias García (2011–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 37 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | ES-SA | ||||
| Código NUTS | ES415 | ||||
| Código INE | 37 | ||||
| Sitio web | dipsanet.es | ||||
Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.
A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal. A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos. Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.
División administrativa
[editar | editar a fonte]A provincia está dividida en 362 municipios, dos que máis da metade teñen unha poboación inferior a trescentos habitantes (é a segunda provincia española a respecto do número de municipios, por detrás de Burgos). Os municipios máis poboados da provincia son, á parte da capital, Béjar, Ciudad Rodrigo, Santa Marta de Tormes, Peñaranda de Bracamonte, Guijuelo, Alba de Tormes e mais Vitigudino.
Está organizada en cinco partidos xudiciais: Béjar, Ciudad Rodrigo, Peñaranda, Salamanca e Vitigudino, cos escudos dos cales se compón o escudo provincial.
Xeografía física
[editar | editar a fonte]A altitude media da provincia é de 830 m sobre o nivel do mar.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é de tipo continental, con invernos fríos e secos e veráns calorosos. A temperatura media é de 3'7 °C en xaneiro (podendo baixar, en días de fortes nevadas, a varios graos baixo cero). En verán a temperatura media é de 24'2 °C, aínda que pode atinxir ata os 35° ou 40 °C.
Comarcas
[editar | editar a fonte]Gastronomía
[editar | editar a fonte]Da súa gastronomía, cabe destacar, entre outros, o pernil de Guijuelo, con Denominación de Origen Protegida, e máis unha empanada típica denominada hornazo. Menos coñecidos, fóra da rexión, son o lechazo, cochinillo ou tostón asado, o farinato (procedente de Ciudad Rodrigo), o bollo maimón e mais os chochos de yema. En Salamanca é típica a sopa de allo.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Salamanca |
