Saltar ao contido

París

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta páxina é sobre a capital de Francia. Para a figura mitolóxica vexa Paris.
Modelo:Xeografía políticaParís
Paris (fr) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Lema«Fluctuat nec mergitur» Editar o valor en Wikidata
AlcumeVille-Lumière, The City of Light e La Ciudad de la Luz Editar o valor en Wikidata
EpónimoParisii Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 48°51′24″N 2°21′08″L / 48.8567, 2.3522
EstadoFrancia
Public institution of intermunicipal cooperation with own taxation (en) TraducirMetrópole do Gran París Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.145.906 (2020) Editar o valor en Wikidata (20.359,64 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921672 Traducir
Paris unité urbaine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte de
DioceseArquidiocese de París Editar o valor en Wikidata
Superficie105,4 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Sena, Bassin de la Villette (en) Traducir, Canal Saint-Martin (pt) Traducir e Canal de l'Ourcq (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude28 m-27 m-127 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altohighest point of Paris (en) Traducir (130,53 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Lutécia (pt) Traducir e Seine (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creaciónséculo III a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
28 de marzo de 845Cerco de Paris (pt) Traducir
856Siege of Paris (en) Traducir
861Siege of Paris (en) Traducir
25 de novembro de 885Cerco de Paris (pt) Traducir
978Siege of Paris (en) Traducir
18 de abril de 1358Siege of Paris (en) Traducir
8 de abril de 1360Siege of Paris (en) Traducir
1 de outubro de 1370Siege of Paris (en) Traducir
1420Siege of Paris (en) Traducir
8 de setembro de 1429Cerco de Paris (pt) Traducir
1 de xuño de 1435Siege of Paris (en) Traducir
1590Cerco de Paris (1590) (pt) Traducir
1789Revolución Francesa
19 de setembro de 1870Cerco de Paris (1870-1871) (pt) Traducir
1871Comuna de París
1900Xogos Olímpicos de 1900
1924Xogos Olímpicos de 1924 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXenoveva Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAnne Hidalgo (2014–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoConselho de Paris (pt) Traducir , (Escano: 163) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal75116, 75001, 75002, 75003, 75004, 75005, 75006, 75007, 75008, 75009, 75010, 75011, 75012, 75013, 75014, 75015, 75016, 75017, 75018, 75019, 75020 e 75000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico1 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-75C Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFR101 Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE75 Editar o valor en Wikidata
Código municipal do INSEE75056 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Roma (1956–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webparis.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: paris Twitter: Paris Instagram: paris_maville LinkedIn: villedeparis BNE: XX451222 Editar o valor en Wikidata

París (en francés Paris Fr-Paris.oga [pa.ʁi] ) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.

A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2 190 327 habitantes (2016).[1] Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11 174 740 habitantes (1999).[2]

A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa.[3] Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa,[4] alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu moitas organizacións internacionais, como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.

A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano.[5] Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, d'Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O seu nome provén do pobo galo dos parisios (en latín, Parisii). A palabra «París» deriva do latín Civitas Parisiorium (‘a cidade dos parisi’), designación que predominou sobre Lutecia (cuxo nome completo era Lutetia Parisii). Non se coñece con certeza a orixe do nome dos parisii.

París ten moitos sobrenomes, o máis famoso dos cales é o de «Cidade da Luz» (a Ville lumière), nome que remite á súa fama como centro das artes e a educación, pero tamén, e talvez polo mesmo, á súa adopción temperá da iluminación urbana.

O xentilicio dos habitantes de París é «parisiense» (en francés parisien, pronunciado "paʁizjɛ̃"). Ás veces, os franceses que viven fóra de París refírense aos seus habitantes como parigots (pronunciado "paʁigo"), pero o termo, antano despectivo, foi adoptado polos parisienses e perdeu esa connotación.

Jacques-Antoine Dulaure deu unha explicación posible á orixe do nome dos parisii, asociándoo á deusa exipcia Isis, por causa do descubrimento dunha estatua da deusa encontrada na abadía de Saint-Germain-des-Prés.[6] Esta estatua, coñecida como o ídolo de Saint-Germain-des-Prés, era delgada, alta, erguida, negra, case espida, vestida con roupa adornada en pregues ao redor das súas extremidades e encontrábase situada na parede do lado norte, onde estaba o crucifixo da igrexa.[7]

Moedas dos Parisios (Museo Metropolitano de Arte ).
Artigo principal: Historia urbana de París.
1180
1383
1740
Ópera Garnier
Imaxe da Torre Eiffel trala súa inauguración en 1889
Distrito de La Defense

Os Parisii, pobo galo do que provén o nome de París, habitaron a localización encravada na 'Île de la Cité' ou illa da cidade, na que na actualidade se atopa a catedral de Nôtre Dame. Crese que os Parisii fundaron a cidade entre 250 a.C. e 200 a.C., aínda que se descoñece o lugar exacto da localización da cidade gala.

En 52 a.C. cando os romanos tomaron a cidade, rebautizárona chamándolle Lutetia, reconstruíndoa durante o século I na beira esquerda do río Sena.

Segundo a tradición medieval, San Dionisio foi o primeiro bispo da cidade a mediados do Século III. Outra lenda conta que Xenoveva, patroa de París, axudou no 451 á defensa da cidade contra os hunos.

París tomou o seu nome actual no século IV e Clodoveo I, rei dos francos converteuna en capital 508, após a vitoria sobre os romanos.

Cando os Capetos conseguiron o trono de Francia en 987, París converteuse nunha das dúas grandes cidades do seu dominio persoal. Con Filipe Augusto (1190-1220) París converteuse definitivamente na capital do reino, construíndose daquela unha nova muralla que protexese un sector máis amplo da cidade. No século XIV, Carlos V (1371-1380) construíu unha muralla meirande a anteriormente citada.

Entre final do século XVI e comezos do XVII, Henrique IV, construíu os primeiros conxuntos arquitectónicos modernos, como a Place des Vosges. O seu sucesor, Lois XIII, estendeu a muralla de Carlos V sobre a beira dereita. Lois XIV destruíu esa muralla e ordenou construír no canto dela os primeiros grandes bulevares.

No final do século XVIII, na fortaleza da Bastilla, atopada na parte oriental da cidade, iniciouse oficialmente o movemento que coñecido como a Revolución Francesa.

Após a súa autoproclamación como Emperador, Napoleón Bonaparte decidiuse por París para a capital do seu Imperio, logo de considerar Lión para tal privilexio.

Baixo o reinado de Lois Filipe, a cidade acelerou o seu ritmo de crecemento.

Con Napoleón III a cidade sufriu a súa transformación urbana máis significativa. O emperador comisionou ao Barón Haussmann para que executase os cambios necesarios para converter París na cidade máis moderna do mundo naquela época. Derrubándose unha gran parte da cidade antiga e medieval, dando paso aos grandes bulevares e edificios modernos, sendo o máis destacado a Ópera Garnier. Tamén se construíron canalizacións de augas e outros avances importantes nas obras públicas. Este período chegou á súa fin trala caída do emperador como consecuencia da derrota sufrida polo seu exército na guerra franco-prusiana.

Durante a segunda metade do século XIX, París albergou varias exposicións que reunían a expositores de todo o mundo. A máis destacada tivo lugar en 1889 con motivo da conmemoración do primeiro centenario da revolución. Para este evento foi construída a Torre Eiffel, que, aínda que debía ser desmontada unha vez rematada a exposición, continúa actualmente na súa localización orixinal (48°51′29.04″ N 2º17'40.10"L).

Coa chegada do século XX a cidade comezou a construción do seu metro.

En 1940 a cidade foi tomada polo Wehrmacht (exército alemán) de Adolf Hitler no marco da segunda guerra mundial. Durante a guerra, París estivo administrada polas forzas de ocupación, as cales a abandonaron despois de catro anos, sen causarlle danos de consideración, comparado cos danos sufridos por outras cidades europeas durante a guerra.

Baixo a administración do segundo presidente François Mitterrand, na década dos 80 e comezos dos 90, a cidade recibiu un renovado impulso no seu urbanismo e infraestruturas. Renovándose sectores deprimidos da cidade, en particular barrios da beira esquerda e a Villette; levantándose novos edificios emblemáticos, como a biblioteca, o Arco da Defensa e o Museo de Orsay; renovándose tamén dun xeito radical o Museo do Louvre.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Hidroloxía e outeiros de París.

París está situado na parte central do norte de Francia, nun arco do río Sena no que hai dúas illas, a Île Saint-Louis e a máis grande Île de la Cité, e no que está a parte máis antiga da cidade. A desembocadura do Sena no Canal da Mancha está a 375 km de París. A cidade espállase amplamente por ambas beiras do río.[8] En xeral, a cidade é relativamente chá; o punto máis baixo está a 35 metros sobre o nivel do mar (msnm) e o máis alto, que é Montmartre, áchase a 135 msnm.

Excluíndo os parques periféricos do Bosque de Boulogne e o de Vincennes, París forma un óvalo de aproximadamente 87 km2 de superficie, rodeado por un anel de 35 km que forma a estrada periférica de París.[9]:69 A última grande anexión de París en 1860 de territorios periféricos non só lle deu a súa forma moderna senón que tamén creou os 20 distritos (municipios) nomeados no sentido horario. A superficie da cidade de 78 km2 en 1860 foi expandíndose marxinalmente ata chegar a ter 86,9 km2 na década de 1920. En 1929, os bosques de Boulogne e de Vincennes foron oficialmente anexados á cidade, co cal a superficie aumentou ata os arredor de 105 km2.[10] A superficie da área metropolitana de París é de 2.300 km2.[8]

Outono en París.

París ten o típico clima oceánico do oeste europeo, influído pola Corrente do Atlántico Norte. O clima durante todo o ano é suave e moderadamente húmido.[11] Os días de verán son xeralmente cálidos e agradables cunha temperatura media entre 15 e 25 °C, e boa cantidade de sol.[9]:309 Porén, cada ano hai uns poucos días nos que a temperatura elévase por riba dos 32 °C. Ás veces ocorre que hai períodos máis longos de intensa calor, como sucedeu na vaga de calor de 2003 cando as temperaturas superaron os 30 °C durante semanas, alcanzando os 40 °C nalgúns días e refrescando poucas veces á noite. A primavera e o outono teñen días suaves e noites frescas, aínda que as condicións son cambiantes e inestables; o tempo quente ou frío ocorre sorprendentemente en ambas estacións.[12] No inverno, os días son fríos e a luz solar escasa, as noites son frías mais xeralmente con temperaturas por riba da conxelación, ao redor de 3 °C.[13] Non obstante, as xeadas nocturnas son moi comúns, pero a temperatura descende por baixo de -5 °C só uns días por ano. A neve cae todos os anos, pero raramente permanece no chan. Ás veces hai nevaradas lixeiras con ou sen acumulación.[14]

París ten unha precipitación anual media de 641 mm, e experimenta lixeiras choivas distribuídas ao longo de todo o ano. Porén, a cidade é coñecida polos abruptos e intermitentes ballóns que sofre. A maior temperatura rexistrada foi de 40,4 °C o 28 de xullo de 1947, e a máis baixa foi de -23,9 °C o 10 de decembro de 1879.[15]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Demografía da Rexión de París
(segundo estimacións da INSEE no 2005)
Ile-de-France départements
Áreas Poboación
2005 est.
Área
(km²)
Densidade
(/km²)
1999-2005
crecemento pob.
Cidade de París
(departamento 75)
2.153.600 105 20.433 +1,33%
Anel interno
(Petite Couronne)
(Depts. 92, 93, 94)
4.254.600 657 6.477 +5,34%
Anel externo
(Grande Couronne)
(Depts. 77, 78, 91, 95)
4.991.100 11.249 426 +4,25%
Illa de Francia
(rexión)
11.399.300 12.011 949 +4,08%
Crecemento estatístico (Censo INSEE do 1999)
Áreas Poboación
1999 census
Área
(km²)
Densidade
(/km²)
1990-1999
crecemento pob.
Área urbana
(Paris aglomeración)
9.644.507 2.723 3.542 +1,85%
Área metropolitana
(Paris área urbana)
11.174.743 14.518 770 +2,90%

A cidade de París tiña unha poboación de 2.125.246 habitantes no censo de 1999, cifra menor ao máximo de 2,9 millóns de habitantes que acadou en 1921. A perda de poboación da cidade reflicte a experiencia da maioría das grandes cidades do mundo desenvolvido que non expandiron as súas fronteiras. Os principais factores da perda foron a caída significante do tamaño dos fogares, e a espectacular emigración de residentes para os arrabaldes entre 1962 e 1975. Os factores da emigración inclúen a desindustrialización, as altas rendas, o aburguesamento dos barrios céntricos, a transformación do espazo residencial en espazo para oficinas e a mellora da calidade de vida das familias traballadoras.

As perdas de poboación da cidade de París constitúen as maiores no mundo sobre unha poboación de 2 millóns de habitantes. As perdas de poboación son negativas para a cidade, polo que as autoridades están levando a cabo unha serie de medidas para fixar poboación con bastante éxito, conseguindo a primeira suba da poboación na cidade dende 1954, en xullo do 2004, acadando unha poboación de 2.144.700 habitantes.

Densidade

[editar | editar a fonte]

París é unha das cidades de máis de 1 millón de habitantes máis densamente poboadas do mundo occidental. A súa densidade, excluíndo os parques periféricos de Boulogne e Vincennes, era de 24.448 habitantes por km² no censo oficial de 1999. Incluíndo estes dous parques era de 20.164/km², sendo a quinta comuna máis poboada de Francia despois de Le Pré-Saint-Gervais, Vincennes, Levallois-Perret, e Saint-Mandé, tódalas comunas situadas preto dos arrabaldes da cidade.

Os distritos cunha menor densidade de poboación atópanse na parte central e occidental da cidade. Os distritos maior poboados atópanse ao norte e no leste da cidade.

Organización administrativa

[editar | editar a fonte]
Hôtel de ville de París

Logo da lei do 10 de xullo de 1964 sobre a reorganización da rexión parisiense, que entrou totalmente en vigor o 1 de xaneiro de 1968, a vila de París é ao mesmo tempo un departamento e mais un concello. Anteriormente e desde 1790, París era a capital do departamento do Sena. O concello de París divídese en 20 distritos municipais e en 21 circunscricións electorais. A sede da administración municipal está na Mairie de Paris, tamén coñecida como Hôtel de ville de Paris.

A aglomeración de París

[editar | editar a fonte]

A cidade de París é moito máis pequena que a súa área urbana e metropolitana. Actualmente, a área urbana da cidade (agglomeration) ocupa un anel de tres "départements" ou barrios - tamén coñecido como "petite couronne" (pequeno anel) - e esténdese cara a un anel exterior de catro "grande couronne départements". Estes oito départements xuntos completan a rexión de Illa de Francia.

A aglomeración de París ou área urbana (unité urbaine) ten unha extensión de 2.723 km², sendo 26 veces maior que a propia cidade de París. Ao unirse a aglomeración urbana de París máis a súa área metropolitana (aire urbaine) forman unha extensión de 14.518 km² ou o que é o mesmo, unha área 138 veces maior á propia cidade de París, chegando a superar as fronteiras da rexión da Illa de Francia.

Monumentos máis importantes

[editar | editar a fonte]
Arco do Triunfo de París
Notre Dame de París

Edificios

Xardíns

Principais museos

Lugares públicos

Predecesor:
Alemaña Berlín

Capital Europea da cultura

1989
Sucesor:
Escocia Glasgow
  1. INSEE. "Populations légales 2016" (en francés). Consultado o 7 de febreiro dee 2019. 
  2. INSEE. "INSEE - 99 % des franciliens vivent dans l’aire urbaine de Paris" (PDF) (en francés). Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  3. "Madrid puede convertirse en la metrópoli más importante de Europa tras París y Londres". El Economista (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  4. "Défense 2015". ViaMichelin (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  5. "Visitan París 26 millones de personas al año". El Universal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  6. Dulaure, J.-A. Histoire physique, civile et morale de Paris depuis les premiers temps historiques jusqu'à nos jours, Paris: 1829.
  7. Corrozet, G. La flor de Antiquitez, París, 1532 citado también por J. Baltrusaitis, La búsqueda de Isis: un ensayo sobre la leyenda de un mito, París, 1985.
  8. 8,0 8,1 Encyclopædia Britannica Online (ed.). "Paris" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2013. 
  9. 9,0 9,1 Lawrence, Rachel; Gondrand, Fabienne (2010). Insight Guides, ed. Paris (City Guide) (en inglés) (12 ed.). Londres. ISBN 9789812820792. 
  10. Paris.fr, ed. (15 de novembro de 2007). "Key figures for Paris". Mairie de Paris. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2009. Consultado o 5 de maio de 2009. 
  11. Paris.com (ed.). "Climate" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013. 
  12. Paris Convention and Visitors Bureau (ed.). "Climate in Paris". ParisInfo (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2014. Consultado o 29 de xuño de 2013. 
  13. Courtney Traub (31 de xaneiro de 2018). "Visiting Paris in the Winter: A Complete Guide". tripsavvy (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  14. Kelby Carr (30 de novembro de 2017). "Weather in France - Climate and Temperatures of French Cities". tripsavvy (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  15. Institut National de la Statistique et des Études Économiques (ed.). "Géographie de la capitale – Le climat" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2006 – vía Paris.fr. 
  16. Meteo France, ed. (agosto 2011). "Climatological Information for Paris, France". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  17. Meteo France (ed.). "Paris–Montsouris (984)" (PDF). Fiche Climatologique: Statistiques 1981–2010 et records (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2018. 
  18. Infoclimat (ed.). "Normes et records 1961-1990: Paris-Montsouris (75) - altitude 75m" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2017. Consultado o 19 de maio de 2015. 
  19. Weather Atlas (ed.). "Paris, France - Climate data" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]