Francisco Hernández de Córdoba (descubridor do Iucatán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Hernández de Córdoba
Nacemento1475
Lugar de nacementoCórdoba
Falecemento1518
Lugar de falecementoSancti Spíritus
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónexplorador e Conquistadores casteláns
editar datos en Wikidata ]

Francisco Hernández de Córdoba, nado en Córdoba, e finado en Sancti Spíritus, Cuba, en 1517, foi un conquistador español, que pasou á historia pola accidentada expedición que dirixiu entre febreiro e maio de 1517, durante a cal se rexistrou para o Imperio español o que denominaron "o descubrimento da península do Iucatán".

Expedición ó Iucatán[editar | editar a fonte]

Francisco Hernández de Córdoba era un dos encomenderos máis ricos asentados na illa de Cuba. Foi nomeado polo Gobernador da illa, Diego Velázquez de Cuéllar, xefe da expedición que debía explorar os mares ó occidente de Cuba e as súas posibles illas ou costas continentais.

Partiu de Cuba en febreiro de 1517. El achou a costa do que hoxe é a península do Iucatán. Saíndo do porto de Ajaruco, na banda norte da provincia da Habana, segundo Díaz do Castelo, ou de Santiago segundo algúns autores modernos, a frota foi sorprendida por unha treboada que a levou a terra.[1] Observaron como se achegaban os poboadores do lugar, con cara alegre e mostras de paz. Cando os españois preguntaron con acenos polo nome do lugar, os maias responderon "in ca wotoch", que quere dicir esta é a miña casa. Por esta causa puxéronlle a esa terra Punta de Catoche, hoxe Cabo Catoche.

Durante o seu desenvolvemento, os españois tiveron por primeira vez constancia da presenza en América de culturas avanzadas, os maias, con casas de cal e canto e organización social de complexidade máis próxima á do Vello Mundo, e tívose tamén esperanza de existencia de ouro.

Achou moitos poboados habitados e estabeleceu neles contactos puntuais, pero xeralmente hostís, até o punto que resultou para os españois moi difícil a provisión de auga, polos ataques de que eran obxecto. Nun deles, no lugar que chamaron Champotón, o ataque foi moito máis fero do normal e causou moitos mortos ós expedicionarios, sendo case todos, incluído Hernández de Córdoba, feridos por armas arreboladizas: frechas e lanzas.

O piloto Antón de Alaminos decidiu levar áncoras e dirixir os seus barcos a Florida, lugar que coñecía por participar na expedición de Juan Ponce de León en 1512. Alí recalaron o xusto para recoller víveres e auga e regresar a Cuba.

Pero Hernández non viviu a continuidade da súa obra: morreu naquel mesmo ano de 1517, só dúas semanas despois de regresar da súa desgraciada expedición, como resultado das feridas e a sede sufridas durante a viaxe, e decepcionado ó saber que Diego Velázquez preferira a Juan de Grijalva como capitán da seguinte expedición ó Iucatán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bernal Díaz del Castillo, Historia Verdadera, al principio del capítulo 2: «En 8 días del mes de febrero del año de 1517 años salimos de La Habana y nos hicimos a la vela en el puerto de Jaruco, que así se llama entre los indios y es en la banda del norte». La mención a La Habana no puede referirse a la ciudad, que entonces estaba en la banda sur. El puerto de Ajaruco suele identificarse con la ubicación actual de La Habana (Clavijero). autores modernos, como Hugh Thomas o Juan Miralles Ostos creen que pudo salir de Santiago