Provincia de Málaga
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Capital | Málaga | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.773.136 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 7.308 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo e Mar de Alborán | ||||
| Punto máis alto | La Maroma (en) | ||||
| Punto máis baixo | Nivel medio do mar (0 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Provincial Deputation of Málaga (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 29 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | ES-MA | ||||
| Código NUTS | ES617 | ||||
| Código INE | 29 | ||||
| Sitio web | malaga.es | ||||
A provincia de Málaga está situada na parte oriental da Andalucía, sobre a costa mediterránea desa comunidade. Linda coas provincias de Cádiz e de Granada, polo Oeste e Leste, respectivamente; polo Norte coas provincias de Sevilla e de Córdoba. Ten unha superficie de 7.306 km² e unha poboación de 1.453.409 habitants (2005), distribuídos en 100 municipios; a densidade media demográfica é de cerca de 200 hab/km². A capital é a cidade homónima de Málaga, estando o goberno e a administración dos intereses provinciais encomendados á Deputación Provincial de Málaga.
Ata 1995 a provincia incluía Melilla.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Boa parte do seu territorio está comprendido dentro das serras do Sistema Penibético separadas pola Depresión Intrapenibética, nesta provincia coñecida como a Foxa de Antequera. No Oeste sitúase a comarca da Serranía de Ronda e polo Leste os maiores accidentes orográficos son a serra de Almijara, Tejeda e Alhama. Ao Sur, paralela á Serranía de Ronda érguese a Serra Bermeja. Ao pé da Serranía de Ronda sitúase Foxa de Málaga.
A vexetación espontánea normalmente inclúe matogueira, sendo o palmito (Chamaerops humilis) a planta representativa. Tamén aparecen fragas de piñeiros e pinsapos (comúns na Serra de Grazalema). No interior dominan os bosques de aciñeiras e sobreiras.
Comarcas
[editar | editar a fonte]A división comarcal da provincia está regulamentada pola Deputación de Málaga, e actuamente son as seguintes:
- Comarca de Antequera,
- Axarquía - Costa do Sol Oriental
- Costa do Sol Occidental
- Guadalteba
- Málaga - Costa do Sol
- Comarca Nororiental (Nororma)
- Serranía de Ronda
- Sierra de las Nieves
- Val do Guadalhorce
Espazos protexidos
[editar | editar a fonte]Son cinco os parques naturais que existen na provincia:
- Parque natural da Sierra de las Nieves.
- Parque natural dos Montes de Málaga.
- Parque natural dos Alcornocales.
- Parque natural da serra de Grazalema.
- Parque natural das serras de Tejeda, Almijara e Alhama.
Son seis as paraxes naturais:
- Cantís de Maro.
- Desembocadura do Río Guadalhorce.
- Desfiladeiro dos Gaitanes.
- Los Reales de Sierra Bermeja
- Los Reales de Sierra Crestellina.
- Torcal de Antequera.
- Tornillo del Torcal.
- Pinsapos de Las Escaleretas.
- Falla da Serra del Camorro.
- Canón de Las Buitreras.
- Dunas de Artola ou Cabopino.
- Reserva Natural Lagoa de Fuente de Piedra.
- Lagoa de la Ratosa.
- Lagoas de Archidona.
- Lagoas de Campillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Málaga |
