Filipe IV de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Filipe IV de Francia
Nacementoxuño de 1268
Lugar de nacementoFontainebleau
Falecemento29 de novembro de 1314
Lugar de falecementoFontainebleau
CausaIctus e hunting accident
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeReino de Francia
Relixióncristianismo
Ocupacióngobernante
PaiFilipe III de Francia
NaiIsabel de Aragão, rainha de França
CónxuxeXoana I de Navarra
FillosLois X de Francia, Filipe V de Francia, Carlos IV de Francia, Sabela de Francia e Robert of France
IrmánsMargarida de Francia, Branca de França, Duquesa da Áustria, Louis of France, Carlos de Valois e Lois de Évreux
Na rede
WikiTree: Capet-575 Find a Grave: 7533 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Filipe IV de Francia.

Filipe IV de Francia, coñecido como Filipe o Fermoso, naceu en 1268, e morreu o 29 de novembro de 1314 en Fontainebleau; foi rei de Francia de 1285 a 1314, o décimo primeiro da dinastía dos chamados "capetos directos".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Filipe III de Francia (1245-1285), rei de Francia, e da súa primeira esposa Isabelle de Aragón (1247-1271).

O 14 de agosto de 1284, casou con Xoana I de Navarra, (raíña de Navarra de 1274 a 1305) e levou por iso el mesmo o título de rei de Navarra (Filipe I) de 1284 a 1305.

Desta unión son froito sete fillos:

Para sanear as finanzas do reino e que os seus cabaleiros puidesen ofrecerse as sonadas esporas de ouro da batalla de Courtrai, atacou ós que tiñan cartos, incluíndo os relixiosos tales como a Igrexa católica, os xudeus e os templarios.

Planeou o atentado de Agnani e instalou a Clemente V como papa, facéndoo residir en Aviñón, no sur de Francia.

O 13 de outubro de 1307, os Templarios foron encarcerados e torturados despois para admitir a herexía na súa orde. O gran mestre, Jacques de Molay morreu na fogueira, en París en 1314.

Filipe morreu nun accidente de caza.

Foi inhumado na basílica de Saint-Denis. A súa sepultura, como a dos outros príncipes e dignatarios que están neste lugar, foi profanada polos revolucionarios en 1793.