Córdoba é unha provincia española pertencente a Andalucía, sita na súa parte occidental. A súa capital é a homónima cidade de Córdoba. En 2005 tiña 784.376 habitantes. O 40% da poboación vive na capital, sendo a densidade demográfica de 57,16 hab./km².
O clima é mediterráneo continental con temperaturas que na capital oscilan, de media, entre os 9,2°C en xaneiro e os 27,2°C en xullo. Tanto neste mes como en agosto, as máximas poden superar en ocasións os 40°C (46,6°C o 23 de xullo de 1995, 46,2°C o 1 de agosto de 2003). As precipitacións na capital son de 536mm anuais, concentrándose entre outubro e abril.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.