Provincia de Huelva
| provincia de Huelva (es) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Capital | Huelva | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 533.448 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 10.128 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Punto máis alto | Monte Bonales (1.055 m) | ||||
| Punto máis baixo | Nivel medio do mar (0 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Diputación Provincial de Huelva (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 21 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | ES-H | ||||
| Código NUTS | ES615 | ||||
| Código INE | 21 | ||||
| Sitio web | diphuelva.es | ||||
Huelva é unha provincia andaluza, situada na zona occidental desta comunidade autónoma. Limita ó oeste con Portugal, ó norte coa provincia estremeña de Badaxoz, ó leste coa andaluza de Sevilla e ó sur é bañada polo océano Atlántico, de forma máis local co golfo de Cádiz. Ten unha extensión de 10.128 km² que se reparten un total de 79 municipios.
Demografía
[editar | editar a fonte]Huelva ten 483.792 habitantes, segundo o censo de 2005. A densidade de poboación da provincia é de 47,76 habitantes por quilómetro cadrado. O 30% da poboación vive na capital de provincia (ver Huelva).
Xeografía
[editar | editar a fonte]No norte de Huelva atópase Serra Morena, o que fai un enorme contraste cas chairas do sur da provincia. O parque nacional de Doñana, unha das maiores reservas da biosfera de Europa, atópase nesta provincia.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima onubense é moi caloroso e ten unha grande exposición solar, a temperatura nunca baixa dos 10 °C (excepto na montaña). As precipitacións anuais son de 500 ml no sur e 1000 onde a paisaxe é máis montañosa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Huelva |
