Mario Méndez Bejarano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario Méndez Bejarano
Nacemento5 de decembro de 1857
Lugar de nacementoSevilla
Falecemento16 de xaneiro de 1931
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla e Universidade Central
Ocupaciónfilósofo, político, escritor e autor
Coñecido porDiccionario de escritores, maestros y oradores naturales de Sevilla y su actual provincia
editar datos en Wikidata ]

Mario Méndez Bejarano, nado en Sevilla o 5 de decembro de 1857, e finado en Madrid o 16 de xaneiro de 1931, foi un filósofo, político e escritor español, autor de óbra Historia de la filosofía en España hasta el siglo XX.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Sevilla e alcanzou o grao de Doutor na Facultade de Filosofía e Letras de Madrid. En 1887, obtén unha cátedra de instituto en Granada e dende 1900 é catedrático no Instituto Cardeal Cisneros de Madrid.

Participa activamente na xestación das ideas andalucistas que floreceron nos comezos do século XX. Méndez Bejarano era membro da Sociedade de Boas Letras de Sevilla, e tivo gran resonancia a súa conferencia en 1907 "Idiosincrasia andaluza" no Centro Bético de Granada. Por este tempo é vicepresidente do Centro Rexional Andaluz.[2]

A súa actividade na política como deputado coincide cos seus traballos de promoción cultural, coa fundación e dotación ás súas expensas das bibliotecas públicas de Cazalla de la Sierra, Constantina e Lora del Río. Pero a súa inquietude intelectual non se circunscribe ó andalucismo.[3] Tamén noutras ideas políticas, en movementos renovadores e en incipientes ideas sobre feminismo.[4]

Entre as súas obras debe destacarse a Historia de la Filosofía en España hasta el siglo XX, editada en Madrid en 1925-1926, na liña da filosofía española da Ilustración, con influencias de Hegel e da filosofía krausista á que ve entroncada coa súa propia xeración de pensadores.[5]

Obra de ensaio[editar | editar a fonte]

  • Lecciones de Historia general de la Literatura. Madrid, 1907.
  • La ciencia del verso. Madrid, 1908.
  • Bio-bibliografía Hispálica de ultramar. Madrid, 1916.
  • Poetas españoles que vivieron en América. Madrid, 1929.
  • Andalucía y ultramar. Breviario apologético. Madrid, 1929.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mario Méndez Bejarano". 
  2. "Mario Méndez Bejarano". 
  3. "Mario Méndez Bejarano". 
  4. "Mario Méndez Bejarano". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  5. "Obras de Mario Méndez Bejarano". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2018.