Illas Chafarinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°11′N 2°26′O / 35.183, -2.433

Chafarinas
Vista das illas dende o Cabo de Agua.
Situación respecto de Lanzarote
Situación
PaísEspaña España
MarMar Mediterráneo
Coordenadas35°11′N 2°26′O / 35.183, -2.433
Xeografía
Superficie0,525 km²
Punto máis alto137 msnm

As Illas Chafarinas (Ya`fariyya en árabe, Takfarinas en bérber) son un arquipélago español do mar Mediterráneo, situado fronte ás costas do norte de África, das que dista 4 km. Está constituído por tres illas principais: illa do Congreso, Isabel II e illa do Rei. Están protexidas baixo a forma de Reserva Nacional de Caza. Só os militares destinados nelas teñen acceso ás illas, xunto con gardas e científicos da Estación Biolóxica.

Historia[editar | editar a fonte]

Igrexa da Purísima Concepción, na illa Isabel II, en 1893.

Hai constancia dun xacemento neolítico de tipo cardial na Illa do Congreso datado na segunda metade do V milenio a.C.[1]

As illas Chafarinas son sinaladas nos itinerarios xeográficos latinos como "Tres insulae" e en diferentes cartas con outros diversos nomes como Yezirat Meluia, Yezirat Quebdan, Shaffarin, Yasfárin, Zafarin, Quebdana, Farines, Chiafarina, Aljafarinas ou Illas de Maluia. O nome vén de Ya`far, nome propio árabe de home.

O arquipélago pertence a España desde o 6 de xaneiro de 1848, día en que desembarcou nas mesmas o Xeral Serrano con dous buques de guerra procedentes de Málaga. Ata entón foran terra de ninguén.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista das illas Chafarinas desde a costa marroquí

O arquipélago das Chafarinas está situado na zona meridional do mar de Alborán (35º 11' N 2º 26' W), a unhas 27 millas náuticas ao leste de Melilla e a 2,5 ao norte do Cabo da Auga (Ras el Ma), na costa marroquí. As illas atópanse separadas da costa africana por unha plataforma continental relativamente uniforme e de escasa profundidade (10-15 metros), que recibe a influencia sedimentaria do río Muluya, cuxa desembocadura está próxima á fronteira con Alxeria.

De orixe volcánica, consta de tres illas denominadas illa do Congreso, Isabel II e Rei Francisco, estando habitada actualmente só a segunda. A do Congreso é a illa máis occidental, a de maior tamaño con 22,5 hectáreas, e a máis alta, alcanzando a súa cima os 137 metros sobre o nivel do mar. Isabel II (15,9 ha; 35msnm) atópase situada entre as outras dúas, separada 1 km da anterior e uns 175 m do Rei Francisco, a illa máis oriental, con tan só 12,7 hectáreas e de menor altura (31 msnm).

Datos básicos[editar | editar a fonte]

Coordenadas xeográficas: Latitude 35º 5' Norte, Lonxitude 2º 25' Oeste

Superficie terrestre: 52,5 ha

Superficie mariña protexida baixo a figura de Refuxio Nacional de Caza: 261,9 ha (máxima profundidade: 60 m)

Extensión: 0,747 km²

Altitude máxima: Cerro Niño das Aguias, na illa do Congreso, con 137 msnm.

Clima[editar | editar a fonte]

  • Temperatura media anual: 19´5 °C
  • Temperatura máxima: 41,1 °C (media 23,3 °C)
  • Temperatura mínima: 5,2 °C (media 16,5 °C)
  • Humidade relativa media anual: 76,9%
  • Presión atmosférica media anual: 1.017,8 mm Hg
  • Pluviosidade: 297,2 mm/ano.

Medio terrestre[editar | editar a fonte]

Máis de 180 especies vexetais (15 endemismos norafricanos ou iberoafricanos). Especies animais: 12 especies de réptiles (1 endémica), 90 especies de aves (10 reprodutoras), 153 especies de invertebrados (11 gasterópodos ou caracois, 12 isópodos ou cochinillas, 74 arácnidos e 56 coleópteros ou escaravellos. Medio mariño: 64 especies de algas, 26 de equinodermos, 150 anélidos, 60 especies de peixes etc.

Poboación[editar | editar a fonte]

Sen poboación civil estable. Na illa Isabel II atópase unha pequena guarnición militar pertencente ao Corpo de Regulares do Exército Español e un equipo de persoal por conta do Organismo Autónomo Parques Nacionais (Antigo ICONA) do Ministerio de Medio Ambiente.

Valores naturais[editar | editar a fonte]

Gaivota de Audouin

Están presentes en Chafarinas 9 dos 11 invertebrados mariños catalogados en España; alberga a segunda colonia mundial de gaivota de Audouin, e o segundo continxente máis numeroso de España de pardela Cincenta; entre as máis de 180 especies de plantas hai 11 endemismos norafricanos ou iberoafricanos.

As Chafarinas foron o obxecto de estudo da primeira tese doutoral lida sobre o medio natural africano. Luis Bescansa Casares, farmacéutico militar destinado no Hospital de Chafarinas entre setembro de 1900 e 1901, herborizou o material necesario para defender na Universidade Central o 21 de xuño de 1902 a súa tese doutoral Herborizaciones fanerogámicas en las islas Chafarinas y sus inmediaciones del Campo Moro.

Valores arqueolóxicos e patrimonio[editar | editar a fonte]

Na Illa de Isabel II consérvanse algúns edificios interesantes, como a Igrexa da Purísima Concepción, construída a mediados do século XIX en estilo clásico, a torre da Conquista, da mesma época e o faro, de principios do século XX. Na illa do Congreso existe un poboado neolítico do V milenio a.C. de tipo cardial, que produciu unha gran cantidade de material arqueolóxico, sobre todo cerámico, que está sendo escavado desde o ano 2000 por membros do Instituto de Cultura Mediterránea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Análisis radiocarbónico. Antonio Bravo Nieto, Juan Antonio Bellver Garrido: Una estación neolítica al aire libre en las Islas Chafarinas, El Zafrín: Primera datación radiocarbónica; Akros: La revista del museo, ISSN 1579-0959, Nº. 2, 2003 , páxinas 79-86.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]