Irlanda do Norte
Irlanda do Norte | |||
---|---|---|---|
Northern Ireland Tuaisceart Éireann Norlin Airlann | |||
| |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Belfast | ||
• Poboación | 276.459 (2001) | ||
Cidade máis poboada | Belfast | ||
Lingua oficial | Ningunha1 | ||
Forma de goberno | Nación con autonomía | ||
Primeiro Ministro Vice-Primeiro Ministro | Peter Robinson (DUP) Martin McGuiness (SF) | ||
Fundación | |||
Acta do Goberno de Irlanda | 3 de maio de 1921 | ||
• Total | 13.843 km² | ||
Fronteiras | 360 2 km | ||
Poboación | Posto 4º | ||
• Total | 1,741,600 (2006) hab. | ||
• Densidade | 122 hab./km² | ||
Xentilicio | norteirlandés/-esa | ||
Fuso horario | UTC | ||
• Horario de verán | UTC+1 | ||
Dominio de Internet | .uk | ||
Prefixo telefónico | 44-28 | ||
Código ISO | n/d | ||
1 Legalmente, o Reino Unido non ten lingua oficial, aínda que o inglés ten de facto ese papel. Por outra parte, ao asinar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o irlandés e o escocés do Ulster situáronse ao mesmo nivel legal que o inglés, pasando a ser promocionados e ensinados. 2 Fronteira terrestre coa República de Irlanda. | |||
Irlanda do Norte (oficialmente en inglés: Northern Ireland, en irlandés: Tuaisceart Éireann) é o nome oficial dun dos países constituíntes do Reino Unido, que se atopa ao nordeste da illa de Irlanda conformado por 6 condados. A súa capital é Belfast. Limita ao norte co océano Atlántico, ao leste coa canle do Norte, ao sueste co mar de Irlanda, e ao sur, suroeste e oeste (360 km de fronteira) coa República de Irlanda.
Actualmente a xefa do Estado é a raíña Isabel II do Reino Unido, mentres que o seu xefe de Goberno é Peter Robinson, un membro do Partido Unionista Democrático. Robinson e o seu partido comparten goberno, desde o 8 de maio de 2007, co número dous do Sinn Féin, Martin McGuinness.
A maioría dos católicos son nacionalistas partidarios de pertencer á República de Irlanda, de igual xeito que a maioría dos protestantes están a favor de permanecer no Reino Unido. Segundo o punto de vista ideolóxico, a preferencia polo nome, tipo de entidade e a bandeira de Irlanda do Norte, é diferente. Os nacionalistas chámana "The North of Ireland" (O Norte de Irlanda [1] ou "os seis condados",[2] e ondean a bandeira de Irlanda verde, branca e laranxa porque non recoñecen Irlanda do Norte como o seu propio país e para eles é parte de Irlanda. Os unionistas chámana o "Ulster", Northern Ireland (Irlanda do Norte)[n. 1] ou "a provincia",[3] e utilizan unha bandeira parecida á do Ulster, coas cores da bandeira inglesa, chamada "Ulster Banner".
Organización administrativa[editar | editar a fonte]

Existen nove condados na provincia histórica do Ulster, pero seis dos seus condados, cunha poboación (2001) de 1.685.267 habitantes, forman Irlanda do Norte, baixo control administrativo do Reino Unido. Estes 6 condados a súa vez divídense en 26 distritos e cinco cidades.
- Condado de Londonderry/Condado de Derry[n. 2]
- Condado de Tyrone
- Condado de Fermanagh
- Condado de Down
- Condado de Antrim
- Condado de Armagh
Os tres restantes forman parte da República de Irlanda e son Cavan, Donegal e Monaghan, con 246.571 habitantes (2002).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Exemplos de uso inclúen a Radio Ulster, Orquestra de Ulster e a Real Policía do Ulster; partidos como Ulster Unionist Party; organizacións paramilitares como Asociación en Defensa do Ulster e Forza Voluntaria do Ulster, así como campañas políticas como "Ulster Says No" e Save Ulster from Sodomy.
- ↑ Historicamente, tanto a cidade como o condado designáronse por nomes distintos. Os nacionalistas utilizan Derry, do gaélico Doire, mentres que os unionistas, baseándose nas unións históricas con Londres, chámana Londonderry.
- ↑ "Example of "The North of Ireland"". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2006. Consultado o 08 de xuño de 2015.
- ↑ "Six Counties" usado por Sinn Féin
- ↑ Comunicado de prensa DUP "Paisley reacts to Prime Minister's statement". Extracto "The DUP will be to the fore in representing the vast majority of unionists in the Province."— Ian Paisley. Información recollida o 11 de outubro 2006.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |