Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.
Moitas veces, territorios dun estado nacional cunha historia, cultura ou linguas diferentes son chamados países, como o caso de Galiza que forma parte de España: Gales e Escocia tamén son ás veces chamados países, inda que estes dous últimos non son estados independentes, senón nacións constituíntes do Reino Unido.
Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:
país é unha área xeográfica.
nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.
estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.
terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación republicana ou a un estado monárquico.