Saltar ao contido

Aranjuez

Aranjuez
 Nome oficial
    Aranjuez (es)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    arancentano (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
40.113 (2001) rexistro civil
40.928 (2002) rexistro civil
42.481 (2004) rexistro civil
43.926 (2005) rexistro civil
46.283 (2006) rexistro civil
49.420 (2007) rexistro civil
52.224 (2008) rexistro civil
54.055 (2009) rexistro civil
55.054 (2010) rexistro civil
55.755 (2011) rexistro civil
56.877 (2012) rexistro civil
57.728 (2013) rexistro civil
57.792 (2014) rexistro civil
58.168 (2015) rexistro civil
57.932 (2016) rexistro civil
58.213 (2017) rexistro civil
59.037 (2018) rexistro civil
59.607 (2019) rexistro civil
60.332 (2020) rexistro civil
59.833 (2021) rexistro civil
59.762 (2022) rexistro civil
60.668 (2023) rexistro civil
62.292 (2024) rexistro civil
63.040 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   30.629 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   28.978 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   201,11 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   494 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal28300 Editar o valor en Wikidata
Código INE28013 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap341634 Editar o valor en Wikidata
VIAF151274949 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/012fn6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX450870
Wikidata G:Commons C:Commons

Aranjuez é un municipio español da Comunidade de Madrid, cabeceira de partido xudicial. É o termo municipal máis meridional da comunidade e está atravesado polos ríos Texo e Jarama.

É un dos Reais Sitios da monarquía española desde que Filipe II o nomeou en 1560, e posúe ademais o título de vila desde 1899, motivo polo que o municipio é coñecido como Real Sitio y Villa de Aranjuez.[1]

É famoso polo seu Palacio Real, os seus Xardíns e polo trazado cuadricular das súas rúas, polas súas hortas de amorodos e espárragos e por servir de inspiración ao compositor Joaquín Rodrigo para o seu Concierto de Aranjuez, así como polo Motín de Aranjuez, que tivo lugar nesta localidade en 1808 e que tivo como consecuencia a abdicación do rei Carlos IV no seu fillo Fernando VII. A Paisaxe cultural de Aranjuez foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2001.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio de Aranjuez atópase no sur da Comunidade de Madrid, formando un entrante dentro da provincia de Toledo. Limita ao norte cos concellos de Ciempozuelos, Titulcia, Chinchón e Colmenar de Oreja, todos eles da Comunidade de Madrid. Polo resto de puntos cardinais limita con concellos da provincia de Toledo: Ontígola, Ocaña, Ciruelos e Yepes ao leste, Toledo e Almonacid de Toledo ao sur, e Mocejón, Villaseca de la Sagra, Añover de Tajo, Borox e Seseña ao oeste.

O relevo de Aranjuez é suave, con numerosos cerros e outeiros redondeados, que teñen como orixe os pregamentos e afundimentos do terreo producidos pola erosión da auga. Devanditos cerros atópanse principalmente no sur e sueste do termo municipal, como o Cerro de la Caridad (646 m) e o de Valdelascasas (641 m). Os principais ríos do municipio son o Texo e o seu afluente Jarama.

Hai tres reservas naturais protexidas: a Reserva Natural do Carrizal de Villamejor, a Reserva do Regajal-Mar de Ontígola e o Parque do Sueste (cursos baixos dos ríos Manzanares e Jarama).

Demografía

[editar | editar a fonte]

Aranjuez é un exemplo, xunto con La Carolina e Tres Cantos, de cidade planificada. Desde que en 1752 Fernando VI permitise o libre establecemento de persoas en Aranjuez (antes só podían vivir alí persoas relacionadas coa Corte), o municipio non fixo máis que crecer, aínda que a un ritmo mesurado. En 1900 tiña 11.772 habitantes, que pasaron a 21.536 en 1940, 35.619 en 1981 e 40.113 en 2001.

Segundo o censo de 2015 tiña unha poboación de 58.168 habitantes, atopándose entre os vinte municipios máis poboados da Comunidade de Madrid. A poboación está repartida entre o núcleo urbano e varias entidades de poboación: Algodor, Academia Especial de la Guardia Civil, Las Tejeras, Castillejo, Real Cortijo de San Isidro, La Flamenca, Las Infantas, Villamejor, El Cerro, La Montaña, Soto del Hinojar e Sotomayor.

Economía

[editar | editar a fonte]

A actividade máis destacada en Aranjuez son as súas empresas industriais Indra, Fyse, Bosch e Cortefiel, mentres que o emprego máis elevado apórtao o sector público, de Sanidade, Educación e Seguridade, e en particular Patrimonio Nacional, o Centro Penitenciario, a Comisaría Conxunta e o Hospital do Texo.

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
  • En maio celébrase a Feira de Artesanía "Alfaranjuez", así como o Festival de Música Tradicional "Aranjuez Folk". Tamén ten lugar neste mes a Feira do Coche Usado e Seminovo.
  • 15 de maio, día de San Isidro Labrador, romaría na próxima pedanía do Real Cortijo de San Isidro.
  • 30 de maio, día de San Fernando, patrón de Aranjuez.
  • Entre maio e xuño celébrase o Festival de Música Antiga de Aranjuez.
  • En xuño ten lugar a Feira do Libro de Aranjuez, en contrapartida coa Feira do Libro Usado e de Ocasión, que se celebra en setembro.
  • Primeira semana de setembro, Festas do Motín de Aranjuez, declaradas de interese turístico nacional.
  1. "Historia de Aranjuez". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 06 de febreiro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]