Monte Perdido
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Localizado na área protexida | Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Aragón, España e Bielsa, España | |||
| ||||
| Cordilleira | Pireneos | |||
| Características | ||||
| Altitude | 3.355 m | |||
| Prominencia topográfica | 973 m | |||
| Material ou ingrediente | calcaria | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| 7 de agosto de 1802 | primeira ascensión | |||

Monte Perdido é o macizo calcario máis alto de Europa. O seu pico máis elevado é o Monte Perdido cunha altitude de 3.355 msnm.
Situación e datos
[editar | editar a fonte]Está situado ao norte da provincia de Huesca, no parque nacional de Ordesa e Monte Perdido dentro da vertente sur do Pireneo occidental, na comunidade autónoma de Aragón. Este macizo está incluído dentro da Reserva da biosfera Ordesa-Viñamala declarada pola UNESCO en 1997.
O macizo de Monte Perdido, coñecido polas Tres Sorores ou Treserols, está composto polos picos de Monte Perdido, con 3.355 metros, o Cilindro, con 3.328, e o Añisclo, con 3.263, que tamén é chamado Soum de Ramond, dedicado ao pireneísta Louis Ramond de Carbonnières, o primeiro que subiu e contouno. Neste sector atópanse 22 cumios de máis de 3.000 m.
| A Galipedia ten un portal sobre: Aragón |

