Llívia
Llívia | ||
---|---|---|
![]() | ||
Llívia | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Xirona | |
Comarca | Baixa Cerdanya | |
Xeografía | ||
Altitude | 1.224 msnm | |
Superficie | 12,93 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 1.665 hab. (2011) | |
Densidade | 128,77 hab/km² | |
Xentilicio | Llivienc/a | |
Outros datos | ||
Código postal | 17527 | |
Alcalde | Silvia Orriols Palmero (CiU) | |
www.llivia.org |
Coordenadas: 42°27′53″N 01°59′00″L / 42.46472, -1.98333
Llívia é un concello e exclave catalán de España en territorio francés que pertence administrativamente á comarca da Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Está situado a 153 quilómetros ao norte de Xirona e rodeado na súa totalidade por territorio francés.
A lingua tradicional da localidade é o catalán.
Historia[editar | editar a fonte]
A singularidade do enclave de Llívia provén do estipulado no Tratado dos Pireneos de 1659, polo cal España lle cedeu a Francia as 33 poboacións das comarcas de Vallespir, Capcir, Conflent e a Alta Cerdaña, que hoxe en día forman, xuntamente co Rosellón, o departamento francés dos Pireneos Orientais.
Llívia quedou fóra deste tratado por tratarse dunha vila, privilexio concedido por Carlos I de España, polo que continuou baixo dominio do rei de España. O 11 de febreiro de 1939, a finais da guerra civil española, as autoridades do bando nacional pedíronlles ás autoridades francesas permiso para ocupar Llívia.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Localidades do Municipio de Llívia | |
Localidade | Poboación (2007) |
---|---|
Cereja | 26 |
Gorguja | 23 |
diseminados | 22 |
Llívia | 1.317 |
Total | 1.388 |
A vila de Llívia (1.223 m) atópase nos Pireneos, no val da Cerdaña. Está situada ao pé do Turó del Castell, estendéndose polo chairo de Fontanelles. Llívia pertence á xurisdición de Puigcerdà.
Está limitada polos termos de Bourg-Madame e de Sainte-Léocadie, ao sur; de Ur e de Angoustrine-Villeneuve-des-Escaldes, a poñente; de Targassonne, por tramuntana; e de Estavar e de Saillagouse, a levante. O río Segre cruza o termo municipal, entrando por Estavar. Ao seu paso por Llívia, recibe as contribucións fluviais dos ríos Er, Targasona e Éguet. Cara ao nordés e detrás da crista do Puig do Castell, pode accederse ás tranquilas paraxes da font del Sofre, máis próxima e situada á pequena val de Estaüja, e da font del Ferro, na confluencia do torrente do Tudó coa riera de les Valls ou de Targasona.
No seu territorio destacan o Puig de Llívia (1.357,5 m), tamén chamado Turó del Castell, o Serrat de Baladret (1.428 m) e o Pla del Tudó (1.403 m), ademais da Roca Canal e o Serrat de Palmanill, formando unha pequena serra prolongada en dirección ao caos de Targasona e de Angostrina, e sobresaíndo da fértil chaira que rodea a vila.
Demografía[editar | editar a fonte]
A súa poboación en 2008 era de 1.517 habitantes, repartidos nun territorio de 12,83 km².
Demografía histórica do Municipio de Llívia | |
Ano | Poboación |
---|---|
1900 | 941 |
1930 | 743 |
1950 | 755 |
1970 | 856 |
2007 | 1388 |
Principais actividades[editar | editar a fonte]
- Festcat. Escola da festa. Celebrábase a segunda semana completa do mes de xullo, con cursos, talleres, espectáculos e actividades abertas a toda a poboación da comarca, nas que participaban destacados artistas e tertulianos. Realizouse desde 1996 ata 2012, ano no que se celebrou a derradeira edición debido á baixa participación.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Llivia |