Arroz

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha mestura de arroz branco, moreno e rubio índico, tamén con grans de arroz salvaxe (Zizania)

O arroz ([aˈrɔθ]; en gran parte do territorio pronunciado con seseo como [aˈrɔs] (arrós)[1]) é o gran da planta do arroz (Oryza sativa), unha planta da familia das gramíneas que alimenta máis da metade da poboación humana do mundo.

O arroz necesita de auga en abundancia e man de obra intensiva. Dáse ben mesmo en terreos moi inclinados e é costume, nos países do sueste asiático encontrárense socalcos onde se cultiva.

É o terceiro maior cultivo cerealista do mundo, só superado polo millo e o trigo.

Historia do cultivo[editar | editar a fonte]

Arroz con bacallau e espárragos
Utagawa Hiroshige ,Campo de arroz na provincia de Oki, vista de O-Yama.

Comezou a cultivarse simultaneamente en varios países hai máis de 6 milenios. Dúas especies do xénero foron domesticadas, esta, o arroz asiático (Oryza sativa) e o arroz africano (Oryza glaberrima).

O cultivo de secaño introduciuse no Xapón e Corea aproximadamente no 1000 a. C. O posterior arroz de alagamento en agricultura intensiva foi en Corea entre 850 a 500 a. C., e pasou ao Xapón polos Yayoi arredor do 300.

O. sativa adaptouse no medio-leste europeo e o Mediterráneo contra o 800. Os árabes levárono á Península Ibérica cando a conquistaron no 711. Despois da metade do século XV, o arroz chega a toda Italia e despois a Francia, espallándose a todo o continente durante as grandes exploracións europeas. En 1694, o arroz arribou a Carolina do Sur, probabelmente orixinario de Madagascar. Os españois levaron o arroz a América do Sur a principios do século XVIII. Nunca foi un cultivo moi común en Galiza, porén como alimento é esencial na gastronomía galega[2].

Na época colonial dos Estados Unidos, especialmente en Carolina do Sur e Xeorxia medrou moito o cultivo de arroz en parte pola man de obra dos escravos vidos de Senegambia (África occidental). Polo porto de Charleston entraron o 40% de todos os escravos norteamericanos. Os escravos desa rexión de África tiñan o prezo máis alto, xa que coñecían ben o cultivo do arroz; traballaron en plantacións de Georgetown, Charleston, e Savannah. Os escravos aprendéronlles aos donos dos campos a choer e alagar as leiras. Ao principio, o arroz apañábase a man con fouciños de madeira e deitábase en queipos. A invención da colleitadora e a nova hidráulica dos muíños (inventada en 1787 por Jonathan Lucas) incrementaron a produtividade da cultura e supuxeron un grande avance. O cultivo de arroz no suroeste dos EUA fíxose menos rendíbel coa ilegalización da escravitude despois da Guerra Civil Norteamericana.

Produción mundial e mercado[editar | editar a fonte]

Principais Produtores - 2005
(millónes de t)
Flag of the People's Republic of China.svg China 185
India India 129
Flag of Bangladesh.svg Bangladesh 40
Flag of Vietnam.svg Vietnam 36
Flag of Thailand.svg Tailandia 27
Flag of Indonesia.svg Indonesia 54
Flag of Myanmar.svg Myanmar 25
Flag of the Philippines.svg Filipinas 15
Flag of Brazil.svg Brasil 13
Flag of Japan.svg Xapón 11
Total Mundial 619
Fonte:
UN FAO (FAO)
[1]

A produción mundial de arroz [3] foi subindo nas últimas décadas, dende os 200 millóns de Tm. en 1960 até os 600 millóns de Tm. en 2004. O arroz refinado (branco) supón o 68 % do arroz moreno en peso. En 2004, os tres produtores máis importantes foron China (31 % da produción mundial), India (20 %), e Indonesia (9 %). Porén só o 6 % do arroz é comercializado internacionalmente; os tres principais países exportadores son Tailandia (26 %), Vietnam (15 %), e EUA (11 %), mentres que os tres importadores máis importantes son: Indonesia (14 %), Bangladesh (4 %), e Brasil (3 %).

O 2006 producíronse 420 millóns de toneladas de arroz a nivel mundial, mais só 25 millóns foron exportados.

Nutrición humana[editar | editar a fonte]

Arroz branco, longo, cocido sen sal
Rice p1160004.jpg
Valor nutricional por 100 g
Enerxía130 kcal (540 kJ)
28.1 g
Azucres0.05 g
Fibra alimentaria0.4 g
0.28 g
2.69 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina (B2)
1%
0.013 mg
Niacina (B3)
3%
0.4 mg
Ácido pantoteico (B5)
0%
0 mg
Vitamina B6
7%
0.093 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
10 mg
Ferro
2%
0.2 mg
Magnesio
3%
12 mg
Manganeso
0%
0 mg
Fósforo
6%
43 mg
Potasio
1%
35 mg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
1%
0.049 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga68.44 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
Arroz branco curto, cocido
Valor nutricional por 100 g
Enerxía544 kJ (130 kcal)
28.73 g
Azucres0 g
Fibra alimentaria0 g
0.19 g
2.36 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina (B2)
1%
0.016 mg
Niacina (B3)
3%
0.4 mg
Ácido pantoteico (B5)
8%
0.4 mg
Vitamina B6
13%
0.164 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
0%
1 mg
Ferro
2%
0.20 mg
Magnesio
2%
8 mg
Manganeso
19%
0.4 mg
Fósforo
5%
33 mg
Potasio
1%
26 mg
Cinc
4%
0.4 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga68.53 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O arroz aporta 360 kcal (1510 kJ) cada 100 g, 79% de glícidos, 7% de proteínas e 1% de graxas. Aínda que se están a realizar novo sistemas de procesamento industrial do arroz común sen casca que preservan gran parte dos nutrientes mediante un tratamento previo con vapor de auga, e tamén novas especies transxénicas que engaden nutrientes (por exemplo desde 2000 existe arroz transxénico amarelo, arroz dourado, chamado así por posuír caroteno nos seus grans). E é que a meirande parte das vitaminas do arroz adóitanse perder en gran proporción (até un -85% das vitaminas) cos procesos de refinado e puído. O consumo do arroz convencional branco (non enriquecido), provoca un déficit de gran parte do complexo vitamínico B que pode dar lugar á doenza chamada beriberi. Por outra banda o consumo moi frecuente de arroz refinado ou branco (sen casca) adoite comportar o estrinximento pola falla de contido en fibras se esta non se subministra con outros alimentos. O arroz é, logo, moi útil en caso de diarreas porque, formando parte de axeitadas formulacións con auga e electrólitos, axuda a que se reduza esta e mellora a absorción de líquido.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Principios activos: Amidón (75%): composto basicamente por amilopectina (alfa-milosa) e beta-amilosa, albuminoides, vitaminas (B1 na casca), proteínas (0,7%), graxas, glutina, celulosa.[4]

Indicacións antidiarreico, demulcente, antiinflamatorio. En uso tópico empregado como vehículo de calor, é antiinfloxístico, analxésico e facilita a drenaxe de furúnculos e abscesos. O arroz moreno, pola súa riqueza en fibra, compórtase como laxante e hipolipemiante. Arroz branco, fariña: Gastrite, diarreas, síndrome do intestino irritábel, úlceras gastroduodenais, colite ulcerosas, enfermidade de Crohn. Afeccións cutáneas, inflamacións osteoarticulares, contracturas musculares, traumatismos, furúnculos, abscesos. Arroz moreno: estrinximento, hiperlipidemias, prevención da arteriosclerose.[4]

Úsanse os froitos (grans de arroz). Uso tópico: aplicado en forma de emplastos quentes.

Pratos de arroz[editar | editar a fonte]

O arroz é un ingrediente fundamental da cociña de moitísimas culturas incluídas a mediterránea e a atlántica (galega). No País Valenciano, as Illas Baleares e Murcia existen numerosas variantes deste prato, popularmente coñecidos como paella. Así temos o arroz de lagosta, o arroz negro, o arroz a banda, o arròs brut' (arroz con codia), arròs amb fesols i naps, arroz no forno, arrossejat, arroz huertano, arroz en caldero (típico do Mar Menor) etc. O arroz con lebre é típico da cociña castelá.

Noutras cociñas mediterráneas o arroz é moi importante: o rissotto italiano (feito con arroz arborio ou carnaroli), o arroz turco, e os arroces con carnes do Cáucaso; tamén son de salientar as variantes hispanoamericanas de pratos de arroz como o arroz á cubana ou o arroz con polo.

Inevitabelmente presente na cociña asiática (innumerábeis receitas de arroz orientais: arroz fritido (tres delicias), arroz glutinoso) e árabe. Son coñecidos os arroces pilaf da India, ou o arroz fervido coma acompañante básico nos xantares chineses. No Xapón fanse con arroz os diferentes rolos e coma soporte do suxi (arroz fervido adubado con vinagre de arroz, sal e azucre).

O arroz doce é tamén unha sobremesa común en Europa (arroz con leite) e Asia.

O arroz en Galiza[editar | editar a fonte]

Aínda que o arroz non se cultiva en Galiza, o seu consumo no país é grande, pois constitúe unha base da alimentación, o mesmo que en gran parte do globo, polos suculentos e variadísimos pratos que con el se fan, algúns dos cales son clásicos nas festas das aldeas (arroz caldoso, arroz con chícharos, arroz con lumbrigante, arroces con carnes...). A cociña galega utiliza o arroz nos diversos guisos e condimentacións que son comúns na vida ordinaria, pero ademais constitúe unha sobremesa de obriga e nutritiva, coma as papas de arroz (arroz con leite) e outros, nas datas máis sinaladas[5].

Ditos[editar | editar a fonte]

  • Arroz e galo morto, pondera festivamente a esplendidez dunha comida, aludindo aos xantares extraordinarios de aldea; úsase precedido dos verbos haber e ter[5].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano
  2. Eladio Rodríguez González na súa obra Diccionario enciclopédico gallego-castellano (Galaxia, Vigo (1958-1961) fala da relación deste alimento con Galiza: Aínda que o arroz non se cultiva en Galiza, o seu consumo no país é grande, pois constitúe unha base da alimentación, o mesmo que en gran parte do globo, polos suculentos e variadísimos pratos que con el se fan, algúns dos cales son clásicos nas festas das aldeas. A cociña galega utiliza o arroz nos diversos guisos e condimentacións que son comúns na vida ordinaria, pero ademais constitúe unha sobremesa de obriga e nutritiva, coma as papas de arroz e outros, nas datas máis sinaladas
  3. todas as cifras UNTAD 1998-2002 International Rice Research Institute Arquivado 11 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (setembro de 2005)
  4. 4,0 4,1 "Arroz". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 10 de marzo de 2010. 
  5. 5,0 5,1 Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]