Luxemburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Ducado de Luxemburgo
Groussherzogtum Lëtzebuerg
Grand-Duché de Luxembourg
Großherzogtum Luxemburg
Bandeira de Luxemburgo
Escudo de Luxemburgo
Bandeira Escudo
Location Luxembourg EU Europe.png
Lema: Mir wëlle bleiwe wat mir sinn
(luxemburgués: Queremos permanecer sendo o que somos)

Capital Luxemburgo
 • Poboación 86 009 (2007)
Cidade máis poboada Luxemburgo
Linguas oficiais Luxemburgués, francés e alemán
Forma de goberno Monarquía constitucional
S.A.R. Henri I de Luxemburgo
Xavier Bettel
 • Recoñecida 11 de maio de 1867
Superficie Posto 165º
 • Total 2 586 km²
 • % auga 0
Fronteiras 359 km
Costas 0 km
Poboación Posto 161º
 • Total (2007) 480 000 hab.
 • Densidade 174,6 hab./km²
PIB (nominal) Posto 65º
 • Total (2007) 50 160 millóns US$
 • per cápita 104 673 US$1
PIB (PPA) Posto 90º
 • Total (2007) 31 376 millóns €
 • per cápita 68 500 €
Moeda Euro2 (€, EUR)
IDH (2005) 0,944 (18º) – alto
Xentilicio Luxemburgués, -esa
Fuso horario CET (UTC+1)
 • Horario de verán CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .lu
Prefixo telefónico +352
Prefixo radiofónico LXA-LXZ
Código ISO 442 / LUX / LU
Membro de: UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE, COE
1 Luxemburgo é o primeiro país a nivel mundial no PIB per cápita.[Cómpre referencia]
2 Antes de 1999, o franco luxemburgués.

Luxemburgo (Gl-Luxemburgo.ogg pronunciación ) (en luxemburgués: Lëtzebuerg, en francés: Luxembourg, en alemán: Luxemburg), oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo (Gl-Gran Ducado de Luxemburgo.ogg pronunciación ) (en luxemburgués: Groussherzogtum Lëtzebuerg, en francés: Grand-Duché de Luxembourg, en alemán: Großherzogtum Luxemburg), é un país de Europa Occidental e forma parte da Unión Europea e da eurozona. Limita ao leste con Alemaña, ao sur con Francia e a oeste e norte con Bélxica. Non ten saída ó mar.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Luxemburgo.

A historia rexistrada do Gran-Ducado do Luxemburgo comeza coa construción do Castelo do Luxemburgo na Idade Media. En torno desta fortaleza desenvolveuse gradualmente unha cidade, que se transformou no centro dunha pequena mais importante nación con gran valor estratéxico para Francia, Alemaña e Holanda. Despois de séculos de conquistas e goberno por estados estranxeiros, o Luxemburgo acabou por se tornar nunha nación independente e neutral no século XIX.

Porén, o país foi repetidamente atacado por Alemaña no século XX, o que o levou a abandonar a súa política de neutralidade despois da Segunda Guerra Mundial, cando se tornou nun membro fundador da OTAN, das Nacións Unidas e da Comunidade Económica Europea (máis tarde Unión Europea).

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Luxemburgo.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Luxemburgo está subdividido en tres distritos, que están dividos en cantóns:

Luxemburgo.
Luxemburgo.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Luxemburgo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Luxemburgo
Ponte de Adolfo

Luxemburgo é o sétimo país máis pequeno de Europa, atopándose no posto 167 a nivel mundial. O Gran Ducado ten un territorio de carácter montañoso e con extensas masas boscosas. O relevo presenta dúas rexións diferenciadas: no norte, chamado Oesling, esténdense as estribacións meridionais do macizo montañoso das Ardenas, cunha altura máxima de 500 metros, e pola que discorren os afluentes do Mosela. Ao sur, o Gutland, constitúe unha extensa chaira prolongación da conca parisiense. Deste a oeste o país atravesouse polo Sauer (Sûre en francés), afluente do Mosela, que pola súa beira dereita recibe ao Alzette e pola esquerda ao Our e ao Clerf, entre outros.

A paisaxe luxemburgués complétase co curso do Mosela, que discorre polo sector oriental, trazando a fronteira con Alemaña.

O clima é continental, húmido, máis rigoroso nas rexións altas do norte, e máis moderado no sur. As precipitacións anuais son copiosas, os veráns frescos, mentres que os invernos son suaves.

A capital, Luxemburgo é a poboación máis grande do país. Outras cidades importantes son Esch-sur-Alzette, cara ao suroeste da capital e Echternach, ao leste, contra a fronteira con Alemaña.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía do Luxemburgo.

Cultura[editar | editar a fonte]

A situación lingüística de Luxemburgo é caracterizada pola práctica e o recoñecemento de tres idiomas oficiais: francés, alemán e luxemburgués. O plurilingüismo de Luxemburgo resulta da coexistencia de dous grupos étnicos, un románico e outro xermánico.

Nos primeiros tempos do país, o francés tiña un gran prestixio, e aínda posúe un uso preferente como idioma administrativo e oficial. O alemán foi utilizado no campo político, para formular as leis e ordenanzas co fin de facelas comprensibles a todos. Na escola primaria, a educación estaba limitada ao alemán, mentres que o francés era ensinado na educación secundaria.

A lei do 26 de xullo de 1843 reforzou o bilingüismo introducindo o ensino do francés nas escolas primarias.

O luxemburgués, un dialecto do alemán[Cómpre referencia] moi influído polo francés, nativo da rexión de Mosela, foi introducido na escola primaria en 1912.

Festas
Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Aninovo Neijoerschdag
febreiro Entroido Fuesent
marzo/abril Luns de Pascua Ouschterdag
1 de maio Día do Traballo Dag vun der Aarbecht
maio Ascensión -
maio Luns de Pentecoste -
23 de xuño Aniversario do Gran Duque Nationalfeierdag
15 de agosto Asunción de María Mariä Himmelfahrt
1 de novembro Todos os Santos Allerhellgen
25 de decembro Nadal Chrëschtdag
26 de decembro Santo Estevo Stiefesdag

Ata 1984, o uso oficial das linguas estaba baseado nos decretos de 1830, 1832 e 1834, os cales permitían elixir libremente entre o francés e o alemán. O francés foi o preferido para a administración. O luxemburgués aínda non tiña status oficial.

A revisión constitucional de 1984 deulles aos lexisladores a posibilidade de regular os idiomas mediante lei. O 24 de febreiro de 1984 unha lei fixo que o luxemburgués fose o idioma oficial: "O luxemburgués é a lingua nacional dos luxemburgueses" di o seu artigo 1. Ademais, esta lei recoñeceu os tres idiomas utilizados (o francés, o alemán e o luxemburgués) como linguas oficiais. O francés aínda permanece como o idioma da lexislación (segundo recolle o artigo 2 da citada norma), debido á aplicación do código civil napoleónico. O artigo terceiro establece como linguas administrativas e xudiciais ao francés, alemán e luxemburgués.

O luxemburgués é ensinado nas escolas, despois do francés e o alemán. É ensinado só unha hora e durante os primeiros anos da escola secundaria. Nas escolas secundarias tamén se ensina inglés e moitas veces un dos seguintes idiomas: latín, español ou italiano. A nivel universitario, o multilingüismo fai posible que os estudantes poidan continuar a súa educación superior en países nos que se fale alemán, francés ou inglés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luxemburgo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]