Marca (territorio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa con todos os condados da Marca hispánica e Vasconia (que non formaba parte dela), a comezos do século IX.

Unha marca, na Idade Media, era un territorio fronterizo dun imperio ou un reino relativamente extenso. Estaban gobernadas directamente por un señor feudal (a miúdo, un marqués, cuxo nome deriva precisamente de "marca"),[1] que exercía nela poderes civís e militares, e cuxa dependencia ou independencia do poder central dependía da maior ou menor capacidad deste para manter a súa autoridade e o control efectivo sobre a totalidade do seu territorio, cuestión especialmente delicada, dada a tendencia do feudalismo á disgregación do poder.

Estas marcas existiron en varias entidades políticas da Idade Media: no Imperio carolinxio, no Sacro Imperio Romano Xermánico e en al-Andalus.

Marcas no Imperio carolinxio[editar | editar a fonte]

Evolución territorial do Imperio carolinxio (768-811).
Artigo principal: Imperio carolinxio.

Concretamente con esa denominación instauráronse por Carlomagno as divisións territoriais defensivas para fixar as fronteiras ante os inimigos exteriores: (árabes, na Marca hispánica; saxóns, na Marca saxona; bretóns, na Marca bretona; longobardos —até a súa derrota—, na Marca lombarda, e ávaros, na Marca ávara; posteriormente tamén se creou unha para os maxiares, a Marca do Friuli).

As marcas carolinxias estaban gobernadas por un marqués. Os ducados eran a unión de varios condados ou marcas baixo a autoridade dun duque.

Marcas en Al-Andalus[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Al-Andalus.

En al-Andalus estruturáronse tres marcas fronteirizas:

A división do califato de Córdoba en reinos de taifas no século XI determinou a transformación das marcas fronteirizas en reinos independentes (taifa de Zaragoza, taifa de Toledo, taifa de Badaxoz).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase a etimoloxía e a 3ª acep. da voz marqués no DRAE.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]