Praza de touros

As prazas de touros son recintos pechados, xeralmente circulares e descubertos, onde se celebran as touradas. Os seus estilos arquitectónicos son diversos de acordo ao maior ou menor grao de antigüidade, aínda que na actualidade predominan as de estilo neomudéxar. Teñen a súa orixe na Europa antiga. Principalmente consiste nun anfiteatro pechado de forma aproximadamente circular con bancadas e servizos que rodean un espazo central onde se realiza o espectáculo taurino, chamado ruedo, un terreo de terra batida (arena) rodeado dunha ruela onde se preparan e refuxian os toureiros.
En Galicia non existe gran tradición de touradas, e realmente só existe unha praza: a praza de Pontevedra.
Interior da praza de Las Ventas, en Madrid.
Praza de touros de Ronda
Praza de touros de Málaga
Praza de touros de Santamaría, Bogotá
Praza de touros de Acho, Lima